Aberta unha nova quenda para incorporar propostas ao Centro Público Demostrador

Aberta unha nova quenda para incorporar propostas ao Centro Público Demostrador


No marco de colaboración entre o Cluster TIC Galicia e a Xunta de Galicia, iníciase outra oportunidade de incorporación de novas propostas para o Centro Público Demostrador TIC.

Nesta nova quenda, os socios poderán suxerir a incorporación de produtos e servizos propios ao catálogo inicial do centro, ademáis de aportar propostas ou suxestións que contribúan ao proxecto. Para iso, deberán encher un formulario e remitilo ao Cluster TIC, por medio da seguinte dirección de correo electrónico: info@clusterticgalicia.com. Nese formulario deberán incluir información detallada sobre os produtos e soluciós propostas.

O Centro Público Demostrador TIC está enmarcado nun dos eixos de actuación da Axenda2014.gal, concretamente no eixo “Empresa dixital e innovadora”, como punto de encontro entre a oferta do sector TIC e as empresas galegas que demandan novos produtos e servizos para mellorar a súa produtividade e competitividade e, adicionalmente, servirá como marco para propiciar a innovación e transferencia de tecnoloxía, servizos especializados e coñecemento entre o sector TIC e as empresas.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies