A galega Dexga Technologies, a empresa matriz do grupo empresarial conformado por Tecalis, Dexga e Signen, foi incluída no ránking FT1000 do prestixioso diario de negocios e economía internacional, que reflexa as empresas que actúan como forza motriz da economía europea.
Tras meses de investigación, o diario financeiro británico Financial Times publicou a segunda edición da súa reportaxe FT 1000, no que se listan as mil empresas de 31 países europeos que alcanzaron a taxa anual de crecemento máis alta en ingresos no período comprendido entre 2013 e 2016. Para Financial Times as empresas innovadoras e de crecemento rápido son a forza motriz da economía europea no século XXI, xeran postos de traballo e manteñen a competitividade de Europa.
Dexga Technologies, xunto con outras 154 compañías tecnolóxicas, supoñen o sector con maior representación en FT 1000, o da tecnoloxía. Un posto 145 da totalidade de 1000 é o asignado por FT 1000 a Dexga Technologies, posicionando á compañía entre as top europeas en canto a porcentaxe de crecemento.
Dexga Technologies é a empresa matriz do grupo empresarial conformado por Tecalis, Dexga e Signen.O grupo empresarial posúe a súa sede central en Ames (área de influencia Santiago de Compostela), e tamén conta cunha delegación en Madrid, e delegacións comerciais en Ecuador e Alemaña.
O proceso de expansión da compañía prevé novas delegacións e colaboracións nun breve espazo de tempo, entre elas o mercado latinoamericano e o norteamericano (Pau Alto- California). Dexga é unha compañía de BPO 100% dixital. A proposta de valor de Dexga é ofrecer a grandes compañías a externalización de procesos de negocio.
Dexga utiliza sempre as tecnoloxías máis avanzadas para ofrecer aos clientes servizos de alta calidade a un custo altamente competitivo. Dexga promoveu a creación de Tecalis, empresa de desenvolvemento de proxectos TIC en 2011 e recentemente o fixo con Signen, empresa de firma electrónica de proxección internacional. Signen presentouse no MWC de Barcelona e o fará en maio no evento Blockshow de Berlín e en setembro no MWC dos Angeles.
Tecalis é unha empresa 100% galega de tecnoloxía, dedicada ao desenvolvemento áxil a medida de solucións cloud e deseño UX, e á consultoría estratéxica dixital e proxectos tecnolóxicos especializados na transformación dixital.
Entre os proxectos de Tecalis atópanse desenvolvementos de alta tecnoloxía a medida, Ciberseguridad, Big Data & Intelixencia Artificial, Blockchain, APPs, solucións totalmente adaptadas ás necesidades concretas de empresas, administracións públicas, organizacións e asociacións, en todo o territorio nacional e tamén a nivel internacional.
Tecalis inviste en I+D+i e dispón de tecnoloxías patentadas a nivel europeo. Ademais dispón de acordos de colaboración coa Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Tamén é un dos patróns fundadores da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIC) e as Comunicacións de Galicia (FCITICG). A compañía atópase inmersa nun período de crecemento e expansión mediante estratexias de innovación, RSE (Responsabilidade Social Empresarial) e Igualdade, co obxectivo de converterse nun referente no sector. Un dos primeiros pasos como empresa que promove a Igualdade nun sector tecnolóxico marcadamente masculino, foi a recente incorporación de Tecalis ao Clúster Tic Galicia da man dunha muller, un feito histórico no sector, así como a promoción da contratación de mulleres no seu persoal.
As instalacións de Tecalis están personalizadas por deseñadores a gusto dos empregados, para que o ambiente laboral resulte agradable e adaptado ao persoal. Tamén contan con infraestruturas deportivas, áreas de xogos, lecer e relax, así como área de refrixerio saudable gratuíto para todos os empregados/as.
Estas políticas melloraron a produtividade da compañía un 300%, conseguiron frear a fuga de talentos, reduciron a tensión a niveis ínfimos, e posicionaron á compañía como referente en Galicia respecto destas políticas empresariais. Os empregados de Tecalis gozan tamén de horario flexible, políticas de conciliación familiar, soldo emocional e seguro médico.
Barcelona Mobile Congress 2018, o evento de Telecomunicacións máis importante do mundo, foi o marco no que o grupo Dexga presentou ao mundo Signen, que converteu á compañía na primeira empresa galega especializada en tecnoloxía BlockChain. Signen xa se converteu nunha empresa de firma electrónica de proxección internacional.
Tras ser presentada en MWC en Barcelona, continuará o seu debut internacional en maio no evento Blockshow de Berlín e en setembro no MWC dos Angeles.
Comentarios