Antonio Agrasar, Conselleiro Delegado de PLEXUS, recibíu en Madrid a acreditación que a Bolsa de Londres outorgou a súa compañía como unha das “1000 empresas que inspiran a Europa”. O acto contou coa asistencia do Secretario de Estado de Economía, Íñigo Fernández de Mesa, e destacados inversores, axentes de bolsa e empresarios, tendo como marco o salón de actos da CEPYME, impulsora en España d programa ELITE, de apoio ás empresas de gran potencial.
PLEXUS foi distinguida pola súa aposta tecnolóxica, crecemento económico e capacidade de creación de emprego durante os últimos exercicios.
As 1000 empresas que inspiran a Europa, é un informe único que elabora e difunde o London Stock Exchange Group, no que, segundo os representantes de dita entidade, “examínase en detalle as oportunidades e retos que asumen as compañías en cada un dos seus sectores e cómo van definindo o futuro da economía europea”. Na EU existen 23 millóns de pequenas e medianas empresas.
SOBRE PLEXUSPLEXUS
Cunha plantilla de 600 traballadores, conta con solucións TIC e de mobilidade propias para Sanidade, Educación, Turismo, grandes áreas comerciais, etc., que se aplican xa en tres continentes, Europa, América e Asia. Segundo esaltou Antonio Agrasar no trascurso do acto, “PLEXUS é resultado da combinación de estratexia empresarial; posicionamento nun sector de futuro; alianzas acertadas con socios de negocio de relieve mundial; reinversión de beneficios; cualificación profesional; e desenvolvemento de produtos propios”. “Todo elo permitiunos ser competitivos nos distintos segmentos do mercado TIC internacional”, engadiu.
O Conselleiro Delegado de PLEXUS, tras felicitar a cantos conforman o seu equipo de traballo e aos seus aliados, significou que entre os sus retos inmediatos está “o desenvolvemento d novos produtos de calidad, competitivos e moi ligados á demanda dos distintos mercados”. “Realizaremolos -manifestou- en colaboración cos nosos clientes e socios de negocio, dando resposta en tempo real á transformación dixital, o Big Data e o internet das cosas”.
SÓ 75 EMPRESAS ESPAÑOLAS
No informe sobre As 1000 empresas que inspiran a Europa tan só foron seleccionadas 75 compañías españolas. Todas estas compañías alcanzan o exclusivo perfil que busca a Bolsa de Londres para ser incluido na súa selección: “Deben demostrar crecementos positivos nos seus ingresos durante os últimos tres anos respecto outras empresas do seu sector” e manter “o compromiso de xeración de emprego tras a recente crise financeira”.
Ademais das empresas españolas, o informe distribúe as pemes inspiradoras en maior medida en Alemania, con 170; en Francia e o propio Reino Unido distingue a 150 en cada caso; 110 en Italia e en quinto lugar aparece España, con 75. De Portugal resaltan 22 empresas, e de Estonia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Chipre, Malta, Bulgaria ou Eslovenia, cinco.
Comentarios