A Amtega e o Clúster TIC de Galicia organizan a xornada “Smartpeme, peme móbil e conectada” que abordará as tecnoloxías en mobilidade como factor clave para mellorar a competividade das empresas

A Amtega e o Clúster TIC de Galicia organizan a xornada “Smartpeme, peme móbil e conectada” que abordará as tecnoloxías en mobilidade como factor clave para mellorar a competividade das empresas


O Centro Demostrador TIC, xestionado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Clúster TIC, organiza o día 25 de novembro nas súas instalacións a Xornada Smartpeme, peme móbil e conectada. O aforo da sala está limitado polo que para asistir é preciso inscribirse a través da páxina web do CDTIC.

Actualmente, estímase que existen máis dispositivos móbiles conectados que persoas vivas no planeta. O concepto da mobilidade traspasa as fronteiras do persoal ata crear una auténtica revolución na forma de traballar. “SmartPeme, unha peme móbil e conectada” ten como obxectivo ser un punto de encontro onde empresas de diversos sectores de actividade reflexionen conxuntamente sobre unha realidade ineludible: é o momento de levar ás empresas o que xa é normal nas rúas.

Durante a xornada daranse a coñecer os beneficios que a mobilidade aporta ás empresas, sobre todo os relacionados coa produtividade das mesmas, na relación cos clientes ou nos procesos de fabricación e produción. Asemade, o encontro busca ser un escaparate para que pemes galegas coñezan de primeira man provedores TIC que poidan converterse nos seus aliados tecnolóxicos no seu proceso de transformación dixital e adaptación á mobilidade empresarial.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies