Bahía Software, Cinfo, Egatel, Igalia, Itelsis, Tesla Technologies e VisualPublinet levan a Amsterdam o potencial das TIC galegas.
O 10 de setembro arranca o IBC 2015 Amsterdam, o maior evento para profesionais da creación, xestión e entrega de contido de entretemento e novas de todo o mundo.
Nesta edición a feira conta con máis de 55.000 asistentes de 170 países; 300 poñentes no apartado de conferencias; e 1.700 provedores que exhibirán as súas últimas innovacións e tecnoloxías especializadas nos medios electrónicos e de entretemento.
Unha oportunidade de negocio e coñecemento que aproveitarán as TIC galegas.
CINFO [5.B18] Mostrará a súa tecnoloxía de xeración de vídeo na nube
EGATEL [8.D40] Presentará os seus transmisores de TV de Alta Eficiencia-Banda Ancha
IGALIA [5.B18] Do 11 ao 14 de setembro farán unha demo dunha interfaz a pantalla completa baseado en WebKit. Unha demostración de execución de contido tan rápido como 60 fps!
ITELSIS [8.E19] Presentará as súas solucións de enxeñaría para Broadcast
BAHÍA SOFTWARE, TESLA TECHNOLOGIES e VISUALPUBLINET centrarán a súa participación nas conferencias e no networking.
Agardamos que a participación sexa frutífera e que se abran novas oportunidades de negocio.
None
Comentarios