A española Newtonlab Space presenta o primeiro escaparate holográfico do mundo en ISE 2023

Silvia Camesella,

A española Newtonlab Space presenta o primeiro escaparate holográfico do mundo en ISE 2023


  • Show  Window Max, un dispositivo de 4,5 metros de longo, mostra hologramas de persoas  e produtos reais en 3D a tamaño natural e en tempo real.
  • O  escaparate virtual, desenvolto con tecnoloxía propia, transforma a presentación  de contidos en sectores estratéxicos como a automoción, retail, cultura ou  arte, e ofrece unha nova ferramenta de retail márketing para as marcas.
  • Presentacións  de automóbil a tamaño real, escaparates virtuais con persoas actuando como  maniquíes reais que se intercambian looks ou zoolóxicos holográficos, son  algunhas das propostas que ofrece este dispositivo.

Newtonlab Space, laboratorio holográfico con sedes na Coruña e Barcelona, e participada pola galega Nunegal, presentou en primicia a nivel mundial o Show Window Max, o primeiro escaparate holográfico de 4,5 metros de longo e 2,5 metros de alto, na feira ISE 2023. A empresa española, especializada en holografía, telepresencia en 3D e tecnoloxía de realidade aumentada, investiga distintas técnicas holográficas e desenvolve os seus propios produtos e solucións para sectores como o sanitario, corporativo, retail, publicitario, eventos e automoción, entre outros.

Show Window Max, tecnoloxía propia para hologramas de alta definición

Show Window Max é un dispositivo de gran formato que mostra hologramas de persoas e produtos reais a tamaño natural e en tempo real. Desenvolto con tecnoloxía propia por Newtonlab Space, este escaparate virtual revoluciona a presentación e comunicación de contidos e produtos das empresas, en sectores estratéxicos como a automoción, o retail, a cultura, o sanitario ou a arte.

O dispositivo presentado en ISE por Newtonlab Space está pensado especificamente para ofrecer unha alternativa aos escaparates convencionais. No sector do retail, o escaparate virtual permite presentar coa máxima resolución e calidade novas coleccións e produtos a través de hologramas de modelos reais en 3D en movemento que, por exemplo, actúan como maniquíes en 3D que se intercambian diferentes looks. Ademais de substituír os maniquíes estáticos dos escaparates tradicionais, o dispositivo pode mostrar pases de moda virtuais en tempo real.

Show Window Max presenta infinitas propostas noutros ámbitos. Por exemplo, no sector da automoción, o escaparate virtual de Newtonlab Space permite visualizar o coche que o cliente quere comprar a tamaño real coas características demandadas. Isto amplía a gama de modelos de coche dispoñibles nos concesionarios, soluciona a súa limitación de espazo e tranquiliza ao cliente ofrecendo unha experiencia inmersiva co modelo exacto que comprará. Show Window Max tamén ofrece unha solución alternativa para os zoolóxicos: propón un zoo holográfico para coñecer o mundo animal de forma virtual pero cun realismo extremo. No ámbito cultural, o dispositivo fai posible asistir a un museo e observar unha obra de arte a través do seu holograma.

Show Window Max, desenvolto con tecnoloxía propia, conta con 4 pantallas LCD transparentes de 86” e resolución 4K para transmitir o máximo realismo posible, unidas verticalmente con iluminación led interior. O escaparate virtual é modulable, é dicir, é posible adaptar o seu tamaño segundo as necesidades e ampliar ou reducir o número de pantallas (desde 3 módulos ata 8).

Newtonlab Space en ISE 2023

Newtonlab Space presentou na feira ISE 2023 outros dispositivos holográficos, como o Show Window L, un dispositivo de tamaño máis reducido -de 2,20 m x 1,37 m-, transportable, que permite mostrar hologramas individuais de persoas reais a tamaño natural. Este dispositivo permite realizar a telepresencia de persoas, é dicir, a interacción en tempo real entre o público físico en fronte do dispositivo e a persoa proxectada como holograma que pode estar en calquera parte do mundo.

A empresa tamén mostrou outro dispositivo holográfico máis reducido, o Show Window S -de 34,5 cm x 19,4 cm- pensado para proxectar produtos e contidos en 3D de menor tamaño. como produtos de xoiería, zapatería, pezas de arte, entre outros.

Os asistentes ao ISE tamén poden interactuar co seu propio holograma á beira do holograma do seu personaxe cinematográfico favorito e presenciar en directo a reprodución do primeiro holograma presentado na historia do cinema hai 40 anos, o holograma da Princesa Leia proxectado por R2-D2.

Newtonlab Space naceu en 2020 e desde entón realizou varios proxectos para grandes compañías e institucións como Mobile World Capital Barcelona, 5G Barcelona, Orange, A liga, TV3, Estrella Galicia, o hospital de Sant Pau, ou o festival Cruïlla, e participou en distintos eventos do sector a nivel nacional e europeo. 

Sobre Newtonlab Space

Newtonlab Space é un laboratorio holográfico  especializado en investigar distintas técnicas de holografía e desenvolver os  seus propios produtos e solucións, con sedes na Coruña e Barcelona. Nacido en  2020 e con profesionais con máis de 30 anos de experiencia no ámbito da  tecnoloxía audiovisual e na proxección e produción holográfica de contidos 3D e  de telepresencia. Newtonlab Space traballa para sectores como o sanitario,  corporativo, retail, publicitario ou eventos.

 

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies