A Comunidade de Madrid converte en Oficina 360 o seu Centro de Información e Asesoramento Universitario (CIAU), co obxectivo de "facilitar que os estudantes, familias e centros docentes poden acceder a unha axuda máis próxima e personalizada". O vicepresidente, conselleiro de Educación e Universidades, Enrique Ossorio, visitou a sede o pasado 26 de xullo na madrileña rúa de Alcalá, 32, para coñecer o novo modelo que permitirá aos alumnos contactar cos técnicos a través de vídeo.
Oficina 360 é o software implantando na Comunidad de Madrid, fabricado e desenvolvido por Plexus Tech e que forma parte da suite dos seus produtos Quenda.
A partir de agora, os alumnos poderán contactar cos técnicos a través de videochamada evitando desprazamentos, solicitar cita previa a través da páxina web, e realizar xestións de maneira máis áxil e fácil a través de través dun buscador cun sistema de filtros, entre outras cousas.
Comentarios