Na súa reunión do pasado 24 de abril, o Comité Estratéxico (COES) do Clúster TIC Galicia acordou os termos dun convenio de colaboración coa Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (COINTEGA). Este acordo, que será asinado en breve, significa un paso máis na política do Clúster de alcanzar acordos de colaboración con entidades representativas dos principais sectores produtivos de Galicia, co obxectivo de abrir oportunidades de negocio para os socios.
Na liña de sumar forzas para fortalecer o sector TIC, trabállase actualmente na redacción doutos convenios con dúas entidades de gran relevancia no ámbito galego das TIC, como son o centro tecnolóxico Gradiant e a empresa Televés, segundo se informou no COES. Cabe recordar que o Clúster xa traballa en estreita colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG), coa plataforma tecnolóxica Vindeira e coa asociación empresarial EGANET.
O Comité acordou igualmente informar a todos os socios das oportunidades que se ofrecen desde o Centro para el Desarrollo Tecnolóxico Industrial e desde a Axencia Galega de Innovación para o desenvolvemento de proxectos. Farase unha sondaxe de interese e estudarase a posibilidade de organizar novas xornadas con técnicos do CDTI e de GAIN.
Outras liñas de traballo que foron respaldadas na reunión do COES foron detectar os socios que teñen interese en comercializar os seus produtos ou servizos a través de empresas xa internacionalizadas e finalizar o documento de caracterización e potencialidades de Galicia.
Asemade, analizáronse as liñas de axudas de AEI (Ministerio de Industria) e do Igape das que se podería beneficiar o Clúster para o seu financiamento, e decidiuse crear un grupo de traballo para realizar a definición dos modelos de axudas relevantes para o sector.
Avanzouse tamén no debate sobre a renovación de estatutos. Respecto a este asunto, os membros do COES teñen unha proposta e dispoñen de tres semanas para presentar observacións.Na xuntanza presentáronse informes das seguintes responsabilidades delegadas:
Comentarios