A Universidade da Coruña vén de establecer un acordo coa empresa multinacional con base española Everis (especializada en deseño e aplicación de ferramentas tecnolóxico-dixitais) co obxectivo de recoñecer o mellor proxecto de fin de carreira ao abeiro da titulación de Enxeñaría Informática de UDC ao longo deste curso. O premio en cuestión virá acompañado de 1.000 euros e dunha oferta de traballo para incorporarse á dita empresa, con sede principal en Madrid pero con centros de operacións en máis de unha ducia de países.
Segundo informou o decano de Informática, Alberto Valderruten, durante a presentación do acordo perante os medios, unha das grandes finalidades da UDC é acadar as máis firmes ligazóns posibles entre os campus da Universidade e o eido da empresa. Ao seu xuízo, tódalas actividades que vaian dirixidas cara a esta meta, contarán sempre co apoio da Facultade de Informática.
Ler máis
Fonte: Código Cero
Comentarios