27 Abril 2010
O Comité Estratéxico aprobou a iniciativa pola cal o Cluster TIC Galicia estará representado en ERRIN, a rede de investigación e innovación das rexións europeas.Antonio Rodríguez del Corral, vicepresidente do Comité de Dirección, será o representante do Cluster TIC neste foro internacional. En ERRIN participan administracións, universidades e centros de investigación de 80 rexións europeas. Esta plataforma, creada en 2006, ten como obxectivos principais facilitar o intercambio de coñecemento e establecer lazos de colaboración entre os seus membros para o desenvolvemento das súas capacidades no terreo da investigación e a innovación. Conta con nove grupos de traballo, entre eles ...