FONDOS PÚBLICOS

AXUDAS DO IGAPE GALICIA EXPORTA ORGANISMOS INTERMEDIOS (2024)

O proxecto subvencionado consta de dúas accións: Participación en Misión empresarial directa a MIami, en abril de 2024 e unha Misión Inversa Multipais a través da cal se invitaron a 14 axentes internacionais para fomentar a colaboración e a creación dun clima de confianza que permita pechar acordos comerciais ou estratéxicos.

PROGRAMAS DE COOPERACIÓN XUNTA DE GALICIA. ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO. GARANTÍA XUVENIL

Colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de persoas novas, inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil, para a realizacion de servizos de interese xeral e social. En concreto, no caso do Cluster TIC Galicia, a incorporación realizará durante o ano 2023 un servizo de intermediación entre a oferta tecnolóxica e os demandantes de tecnoloxía para o fomento dos proxectos de dixitalización, a través dos grupos e ferramentas existentes no Cluster. Esta convocatoria enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil (POEX), cofinanciado pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo (FSE) para o período 2014-2020.

XUVENTUDE MENTORING

Programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para o período 2014-2020, no eixe prioritario 5, obxectivo temático 8, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.1, medida 8.2.1.1.

IG239 - OBRADOIROS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0 (2020)

Programa do IGAPE consistente na celebración de espazos de encontro entre empresas para explorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración que dean lugar a proxectos de implementación de ferramentas dixitais colaborativas sectoriais susceptibles de optar ás axudas establecidas nestas bases ou noutras convocatorias, ou ben oportunidades de hibridación intersectorial.

Financiamento recibido para os proxectos: "OBRADOIRO: Explotación dos contidos dixitais na Industria galega – Edición 2020", "OBRADOIRO: Foro sectorial para o fomento da Industria 4.0: Industrias Creativas" e "OBRADOIRO: Foro sectorial para o fomento da Industria 4.0: Téxtil e sectores afíns".

Modify cookies