CTG Coñece as oportunidades de financiamento do Proxecto FF4EuroHPC da man do CESGA

Streaming

Este evento expirou

O 27 de xullo ás 12h terá lugar un webinario da man do CESGA para dar a coñecer a convocatoria aberta do proxecto FF4EuroHPC, que ten por obxectivo fomentar o acceso a tecnoloxías relacionadas coa computación de altas prestacións (HPC) en pemes. Actualmente está aberta a segunda convocatoria (open call) para experimentos de computación avanzada que será obxecto da presente xornada.

FF4EuroHPC quere amosar ás pemes europeas formas de optimizar o seu rendemento co uso de servizos avanzados de HPC en tarefas como o modelado e simulación, análise de datos, aprendizaxe automático, intelixencia artificial e a combinación dos mesmos, e aplicar estas solucións innovadoras en beneficio empresarial. 

O obxectivo das convocatorias abertas é xerar experimentos de aplicación en diversos sectores industriais e pretenden financiar experimentos da máis alta calidade, que involucren a pemes innovadoras e áxiles con plans de traballo construídos en torno a obxectivos de innovación, derivados do uso de servizos avanzados de HPC.

Axenda da xornada:

12:00h - Benvida Clúster TIC Galicia

12:05h - Supercomputación e empresa: CESGA e EuroCC - Laura Martínez | CESGA

12:15h - Oportunidades de financiamento para Pemes en HPC. FF4EUROHPC - Adela Penas Franqueira | CESGA

12:35h - Rolda de preguntas

A asistencia é gratuíta, tan só se require comunicación da intención de asistir (info@clusterticgalicia.com) para enviarvos o enlace de acceso á sala virtual.


Este evento expirou

Día e hora


Engadir ao calendario 2021-07-2712:00 2021-07-2713:00 Europe/Madrid CTG Coñece as oportunidades de financiamento do Proxecto FF4EuroHPC da man do CESGA Streaming

Lugar

Streaming


Quen vén

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies