23 abril 2024
Seis empresas do Clúster TIC Galicia veñen departicipar no evento tecnolóxico eMerge Americas, que tivo lugar o 18 e 19 deabril en Miami. Quobis, sg tech, Councilbox, a consultora APDTIC, Librebit e Inverbis Analytics asistiron a esta feira, unha das máis importantes de toda América, onde se dan cita emprendedores, investidores, empresas emerxentes e líderes no sector tecnolóxico e institucións, polo que supón unha oportunidade única para captar novas opcións de negocio nun dos principais mercados tecnolóxicos do mundo.
Durante a misión, organizada polo Grupo deTraballo de Internacionalización da entidade, co apoio do Igape e o financiamento do ICEX, tiveron ...
4 marzo 2024
O Clúster TIC Galicia considera "unha oportunidade histórica" a aprobación da redacción do Plan Director das TIC por parte do Consello da Xunta o pasado xoves, 29 de febreiro. Este instumento únese así aos plans xa anunciados polo Goberno galego para a industria metalmecánica, a automoción, a construción naval, o sector forestal-madeira e a loxística industrial.
O obxectivo é que estes mecanismos de planificación estratéxica permitan potenciar o desenvolvemento da actividade industrial nestes sectores a través da definición das medidas necesarias para o seu impulso co obxectivo de fortalecer a industria galega e a creación e mantemento de emprego.
Na ...
2 febreiro 2024
As formacións afondan en áreas como a intelixencia artificial, a ciberseguridade, o desenvolvemento de aplicacións ou a programación avanzada
Na edición de 2023 impartíronse 234 cursos e formáronse 5.369 alumnos, entre eles, empregados de 74 empresas socias
O Clúster TIC Galicia, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta, vén de lanzar a terceira edición do seu plan formativo, gratuíto e en liña, para promover o talento tecnolóxico e mellorar as competencias e habilidades, tanto tecnolóxicas como transversais, de traballadores por conta allea, autónomos e desempregados.
Esta nova convocatoria contempla máis de 100 cursos, que ...
30 outubro 2023
O Clúster TIC Galicia vén de lanzar o programa Tech Angels para promover a aceleración tecnolóxica de startups e ideas de negocio de calquera sector, a través dun convenio asinado coa Amtega e o Igape. O obxectivo é que entidades socias brinden o pulo necesario para acelerar e optimizar os modelos de negocio das candidaturas seleccionadas. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes a través deste apartado da nosa web, dende hoxe ata o 15 de decembro.
Esta iniciativa constitúe unha excelente oportunidade para potenciar proxectos innovadores mediante un marco de colaboración entre emprendedores e empresas socias do Clúster TIC ...
23 outubro 2023
Máis de 350 profesionais déronse o venres 20 de outubro en “IA e Empresa”, o primeiro evento tecnolóxico que ...
11 outubro 2023
O Clúster TIC Galicia organiza o ...
9 outubro 2023
A Cidade das TIC inaugúrase o venres 20 de outubro coa apertura do Centro de Servizos Avanzados (CSA), o primeiro edificio deste hub dixital que aspira a converterse nun espazo neurálxico de innovación tecnolóxica en Galicia.
O presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, será o encargado de abrir o acto, presidido polo máximo responsable da Xunta, Alfonso Rueda. O evento contará, ademais, coa presenza de distintas autoridades e entidades promotoras do proxecto: o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e ...
9 outubro 2023
O AI Song Contest vén de revelar que serán 10 as propostas que competirán na Gran Final da Eurovisión mundial da intelixencia artificial, que terá lugar o 4 de novembro na Coruña. Con carácter previo a este evento, patrocinado polo Clúster TIC Galicia, celebrarase no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC o "AI & Creation Day", unha conferencia que incluirá relatorios maxistrais e mesas redondas sobre distintos temas relacionados coa IA.
Así, afondarase na forma en que a IA pode contribuír á preservación das culturas minorizadas, as actuais cuestións en torno á intelixencia artificial na música ...
13 setembro 2023
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, da Xunta de Galicia, presidiu onte o acto de presentación da oferta formativa 2023/2024 do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG). No acto, que contou coa participación do presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez del Corral, púxose en valor o convenio de capacitación dixital que a Consellería mantén co Clúster TIC Galicia, con arredor de 10.000 participantes formados entre 2022 e 2023 -a data de hoxe-. Entre os programas formativos da Consellería, destacouse ademais o contrato para a dixitalización de mulleres prioritariamente desempregadas e de municipios de ...
11 setembro 2023
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, e membros da directiva desta entidade, no que abordaron novas vías de colaboración para seguir contribuíndo ao reforzo dun sector, que é clave para impulsar a transformación dixital da industria galega.
O presidente do Clúster TIC estivo acompañado na citada reunión de Josefina Fernández, en representación da empresa Altia, que ostenta a Vicepresidencia de Grandes Empresas, e de Santiago Paz, en representación de Dos Espacios, a cargo da Vicepresidencia de Pemes.
O Clúster TIC Galicia está ...
7 setembro 2023
Trátase dunha rede de colaboración entre as consellerías de Economía, Industria e Innovación e de Sanidade da Xunta de Galicia, o Clúster TIC Galicia, Amtega, as tres universidades do SUG, o Cesga, os Hubs de Innovación Dixital DIHGIGAL e DATAlife, o centro tecnolóxico Gradiant, o Fujitsu International Quantum Center e o Centro de Tecnoloxías Fotónicas (Aephos)
O seu obxectivo é establecer unha rede de colaboración que facilite o desenvolvemento dun ecosistema completo de coñecemento e industrial ao redor destas tecnoloxías, mellore o posicionamento e visibilización das capacidades de Galicia e impulse a adopción destas tecnoloxías polo tecido empresarial
A directora ...
14 xullo 2023
O Clúster TIC Galicia vén de dar ...