Suspendidos!!! Informaremos de nova data

Bases

  1. ENTIDADE ORGANIZADORA

  2. O CLUSTER TIC DE GALICIA, con CIF G70157581 e a ASOCIACIÓN GALLEGA DE EMPRENDEDORES (TICyTIC) -LaconNetwork-, con CIF G70359310, son os responsables da organización conxunta dos PREMIOS TIC GALICIA que se entregarán durante o transcurso do STARTUP CONGRESS GALICIA, o 2 de Abril de 2020 en Palexco, A Coruña.


  3. OBXECTO

  4. Os Premios TIC Galicia constan de nove categorías e teñen como obxectivo visibilizar o esforzo de persoas físicas ou xurídicas, organizacións, institucións e/ou empresas relacionadas co sector das TIC, radicadas en Galicia así como estimular e recoñecer a labor de creación dos empresarios, que, sentíndose comprometidos coa creación e expansión do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información en Galicia, deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos e servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.


  5. CATEGORÍAS:

Premio Mellor Startup: Dedicado a empresas galegas con menos de tres anos de constitución que solventa unha solución recoñecible como un proxecto escalable dixital entendible como startup. (Presentar candidatura)

Premio Mellor Proxecto Open Innovation: Dedicado a entidades que implantaran as mellores solucións de Software Libre desenvolvidas por empresas galegas. (Presentar candidatura)

Premio Mellor Campaña de Marketing Dixital: Dedicado a campañas realizadas por empresas galegas baseadas en Marketing Dixital ou con eixo dixital lideradas por unha empresa de medios dixitais. (Presentar candidatura)

Premio Mellor Proxecto de Innovación: Dedicado a organismos, organizacións, asociacións, fundacións (públicos ou privados) que realizaran as mellores inversións en innovación ou que realizaran internamente os mellores proxectos de innovación. Serán candidatables en esta categoría os clientes do proxecto que poderán acompañar na súa candidatura a referencia ao provedor tecnolóxico. (Presentar candidatura)

Premio Mellor Produto Tecnolóxico: Dedicado a entidades tecnolóxicas que desenvolveran un producto tecnolóxico que estea no mercado ou moi próximo a estar. (Presentar candidatura)

Premio Mellor Internacionalización: Dedicado a empresas que executaran os mellores plans de internacionalización. (Presentar candidatura)

Premio Iniciativa TIC: Dedicado a organismos, organizacións, asociacións, fundacións (públicos o privados) que axudan na creación, lanzamento e/ou asentamento de empresas e/ou ao propio emprendedor. NON SE PRESENTA CANDIDATURA, a organización proporá os candidatos, pero poderase propor nomes. (Propor iniciativa)

Premio Traxectoria: Que recoñece ás persoas (físicas) que se implican, constantemente de maneira especial e con esforzo nas TICS galegas. NON SE PRESENTA CANDIDATURA, a organización proporá os candidatos, pero poderase propor nomes. (Propor nome)

Mención Especial - Premio Lacon Evanxelizador: Que recoñece ás persoas (físicas) que se implican, constantemente de maneira especial e con esforzo, axudando a tomar conciencia sobre que en Galicia existe un gran sector que xira entorno a moi boas ideas coa innovación como base; ademais de organizar con excelencia algún dos eventos mensuais (LaconNetwork) que se desenvolven ao longo de todo o ano en Galicia.


  1. RECOÑECEMENTO E ENTREGA DOS PREMIOS

Os Premios TIC Galicia non teñen dotación económica.

Entregarase un galardón a cada premiado na súa correspondente categoría, durante o transcurso do Startup Congress Galicia.


  1.  SELECCIÓN DE CANDIDATURAS: FINALISTAS E PREMIADOS

Crearase un Comité Avaliador Experto, formado por empresas membras do Comité de Dirección e que non presenten candidatura na categoría na que participen como avaliador. Este Comité ten o obxectivo de filtrar os traballos presentados nas 6 categorías con finalistas. En cada unha delas deixará como mínimo 7 proxectos, que serán os que se lles presentarán ao xurado, que será externo ao Comité de Dirección do Clúster e formado por especialistas e expertos para cada unha das categorías.

Os membros do xurado daranse a coñecer no acto da gala de entrega dos galardóns.

Unha vez que se realice a votación do xurado, farase pública unha lista con tres finalistas por categoría, sendo segredo o gañador de cada unha hasta o momento da Gala de entrega dos Premios. No caso de que non se puidera determinar o gañador ou os finalistas nunha categoría, debido á obtención da mesma puntuación entre dous ou máis candidaturas, o Comité Evaluador Experto contará co voto de calidade.

O xurado resérvase o dereito de declarar deserto un ou varios premios no caso de non recibir ningunha candidatura ou se as presentadas non teñen a calidade suficiente como para ser premiadas.


Sistema de valoración 

Para as seguintes categorías: 

  • Mellor Startup
  • Mellor Proxecto Open Innovation
  • Mellor Campaña de Marketing Dixital
  • Mellor proxecto de Innovación
  • Mellor Produto Tecnolóxico
  • Mellor Internacionalización

o xurado elixirá o gañador, os tres proxectos máis valorados en cada categoría pasarán a ser os tres finalistas, que se comunicarán uns días antes da entrega dos galardóns.


Para as seguintes categorías: 

  • Mellor Iniciativa TIC
  • Premio Traxectoria

non haberá finalistas e o gañador será elixido polo Comité Avaliador Experto do Comité de Dirección do Clúster TIC Galicia.


Para a seguiente categoría: 

  • Premio Lacon Evanxelizador

non haberá finalistas e o gañador ou gañadores serán elixidos pola Organización da LaconNetwork.


  1. DOCUMENTACIÓN, PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS

O prazo de presentación de solicitudes terminará o xx de xxxx de 2020 ás 23:59 horas.

A presentación das candidaturas poderá facerse únicamente a través do portal www.clusterticgalicia.com. Naqueles casos que sexa necesario mandar información complementaria que non se poida adxuntar a través do formulario desta web, deberá ser subida polo interesado a un servidor e indicar a url de acceso no formulario de solicitude. Non se aceptará ningunha documentación que non sexa subida ou referenciado o seu acceso no formulario de solicitude. Como data de presentación enténdese a de recepción do formulario.

Á hora de presentar solicitude hai que ter en conta os seguintes requisitos:

  1. Solicitude de participación. Para cada proxecto haberá que presentar unha solicitude. Si se presenta o mesmo proxecto a varias categorías haberá que presentar unha solicitude por cada unha das categorías ás que se presenta.

  2. Vídeo de presentación. Máximo 40 segundos (se ten máis, tan só se reproducirán os primeiros 40 segundos). Este requisito será necesario si o proxecto está entre os finalistas, polo que a súa presentación non será hasta que se coñeza si é finalista.

  3. Documentación Complementaria: Calquera outro arquivo que o/a solicitante considere oportunos para unha mellor valoración do seu proxecto por parte do xurado. Recoméndase que cando o peso dos arquivos sexa superior aos 5 Mb, e para poder valorar con criterio o proxecto, aloxar a documentación nun servidor e se dea acceso a ela. Recoméndase tamén crear demos ou crear usuarios de acceso cando os proxectos a valorar o requiran.

No caso de algún tipo de incidencia ou dúbida no proceso de presentación da candidatura, os candidatos poden dirixirse a info@clusterticgalicia.com ou ao teléfono 881 939 651 para solicitar información ou expor a incidencia ocorrida.


  1. PUBLICACIÓN DE FINALISTAS E GAÑADORES

Finalistas e Premiados autorizan á entidade organizadora á publicación da súa condición (ben finalista / ben gañador) na página www.clusterticgalicia.com, nas súas canles sociais (Facebook, Twitter e LinkedIn) e en notas de prensa, así como en calquera outro canal de comunicación que a entidade organizadora estime oportuno (E-Newsletter, etc.).


  1. CAMBIO DOS PREMIOS

Os Premios non poderán ser, en ningún caso, obxecto de cambio, alteración, compensación en metálico ou cesión a petición do gañador.


  1. ACEPTACIÓN DE BASES

Os participantes, polo mero feito de participar, aceptan as presentes bases de forma expresa e íntegra.


  1. MODIFICACIÓNS

A entidade organizadora resérvase o dereito de suspender, aprazar, cancelar ou modificar o presente proxecto e as súas bases en calquera momento, sempre que existan causas que así o xustifiquen.

A entidade organizadora resérvase o dereito a evitar que se establezan sistemas de especulación ou de negocios derivado da organización dos Premios TIC GALICIA e a súa selección das candidaturas finalistas e gañadores. A tal fin, poderá exercitar as accións legais que estime oportunas.


  1. EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

A entidade organizadora queda exonerada de calquera responsabilidade que poidera derivar do incumprimento ou cumprimento defectuoso por participantes, das presentes bases. La entidad organizadora non asumirá a responsabilidade por eventuais danos e perxuicios sufridos polos premiados, finalistas ou terceiros en relación co Premio, a salvo das irrenunciables por lei.


  1. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSONAL (Regramento UE 2016/679)

RESPONSABLE: Asociación Clúster TIC Galicia

FINALIDADE DO TRATAMENTO: xestión das candidaturas aos Premios TIC GALICIA

EXERCICIO DE DEREITOS: Permítese o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación ou supresión, a limitación do tratamento, oposición e o dereito á portabilidade dos seus datos. Para elo, deberá enviar un correo electrónico info@clusterticgalicia.com 

INFORMACIÓN ADICIONAL: Poderá obter máis información na nosa política de privacidade ou enviando un correo electrónico a info@clusterticgalicia.com


Modify cookies