Plexus Tech, recoñecida polo seu desempeño en sustentabilidade empresarial

Silvia Camesella,

Plexus Tech, recoñecida polo seu desempeño en sustentabilidade empresarial


  • A compañía foi distinguida coa máxima puntuación en Bo goberno no Atlas Galego da Empresa Comprometida 2025, de Economía Dixital

O desempeño en sustentabilidade empresarial de Plexus Tech foi recoñecido de novo nos premios Atlas Galego da Empresa Comprometida. Unha vez máis, a compañía recibiu a máxima distinción posible (5 estrelas) na categoría de “Bo goberno”. 

Deste xeito, este recoñecemento nos premios impulsados por Economía Dixital pon en valor a súa forma de entender a tecnoloxía: con ética, transparencia e responsabilidade. 

Así mesmo, cabe destacar tamén o seu desempeño equilibrado e transversal, xa que Plexus Tech pertence ao selecto grupo de empresas que recibiron polo menos 3 estrelas en todas as áreas avaliadas. 

E é que, desde Plexus Tech impulsan un modelo empresarial máis consciente, sostible e conectado coa realidade que lles rodea. Nesta liña, defenden con responsabilidade un compromiso global, construído de forma coherente en todos os ámbitos : persoas , gobernanza responsable, c uidado da contorna e impacto na sociedade. 

Sexta edición do estudo de Economía Dixital Galicia

Os premios do Atlas Galego da Empresa Comprometida, presentados esta semana no Santiago de Compostela, cumpriron xa a súa sexta edición. No estudo, impulsado por Economía Dixital Galicia, participaron 80 empresas que suman unha facturación conxunta de 56.000 millóns de euros, o que representa o 70% do PIB da comunidade. 

Para realizar o estudo, mídense 4 grandes categorías: 

  • Bo goberno. 
  • Medio Ambiente. 
  • Contorna. 
  • Persoas. 

En todas elas, Plexus Tech recibiu polo menos tres estrelas. Con iso, sitúase entre as empresas máis valoradas de Galicia.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies