A compañía foi recoñecida co galardón “Future Star 2026” no xFusion Partner Summit
Plexus Tech segue gañando peso no ecosistema tecnolóxico europeo. A compañía foi galardoa co premio “Future Star 2026” no xFusion Partner Summit. Un recoñecemento que pon en valor a súa importante proxección, visión estratéxica e aposta pola innovación.
Este encontro, que recoñece as empresas do sector tech no ecosistema europeo, reuniu en Mallorca, este 25 e 26 de marzo, aos partners clave de xFusion en Europa. Unha cita que serviu para definir o futuro da infraestrutura tecnolóxica, a IA e a transformación dixital.
Este premio, recollido por Mateo Linares, senior information technology support engineer en Plexus Tech, pon o foco non só o seu crecemento, senón tamén na súa preparación para liderar o futuro IT.
Comentarios