Plexus Tech, referente en innovación, vén de patrocinar e participar, un ano máis, en dúas das grandes citas tecnolóxicas do ano en España: o XX Fórum Ausape, celebrado o 28 e 29 de maio no Palacio de Congresos Adolfo Suárez de Marbella, e no Liferay Customer Summit 2025, que tivo lugar o 5 de xuño no Círculo de Belas Artes de Madrid.
No XX Fórum Ausape, o evento máis destacado do ecosistema SAP en España, Plexus Tech mostrou as súas últimas innovacións, aceleradores e casos de éxito en transformación dixital sobre plataforma SAP. Fíxoo a través dun stand no que estiveron Nicolás Hidalgo, Ramón Sánchez-Andrade, José Ignacio Vázquez, Rodrigo Rodríguez-Navas e Joaquín Portero. Da súa man, achegaron aos asistentes os seus proxectos de transformación S/4HANA e as súas innovadoras solucións de SAP Analytics, incluíndo SAC e Data Sphere, así como a incorporación da IA.
Ademais, como patrocinadores do evento, tamén participaron cunha exposición dun caso de éxito de implantación de aTurnos en PortAventura World. Nel, Albert Mellado destacou como lograron esta exitosa inserción, integrada con SAP HCM, superando grandes retos en control horario e planificación de quendas.
No Customer Summit 2025 acompañaron ao seu partner tecnolóxico Liferay, reforzando o seu compromiso como patrocinadores silver do evento. Alí estiveron o seu director de Operacións, Alberto Llanos, e o seu director de Alianzas, Christian Rodríguez, coñecendo as últimas novidades do ecosistema Liferay DXP e conectando, nunha oportunidade única, con clientes, partners e expertos do sector.
Ademais, tamén puideron descubrir, de primeira man, o roadmap de produto de Liferay para este 2025, cunha plataforma líder que integra CMS, analytics, personalización, eCommerce e Low Code para impulsar a transformación dixital das organizacións.
Comentarios