Innovación e colaboración na décimo novena edición de ENISE, xunto ao ecosistema da ciberseguridade. Un ano máis, Plexus Tech participou no Encontro Internacional de Seguridade da Información (ENISE), organizado polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE).
A 19ª edición do evento de referencia sobre ciberseguridade en España tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de León. Foron tres xornadas intensas, nas que desde Plexus Tech puideron conectar con clientes, provedores, colaboradores, estudantes e representantes do ecosistema tecnolóxico. Xunto a eles, compartiron experiencias, coñecemento e solucións para afrontar os novos retos da ciberseguridade.
Ademais, como expertos no sector, desde o seu stand propio, puideron mostrar as súas solucións máis innovadoras en CSIRT xestionado, Zero Trust, xestión e gobernanza de identidades, ciberseguridade para coche autónomo, tecnoloxía cuántica aplicada e proxectos de Compra Pública de Innovación (CPI) que anticipan ameazas futuras.
Así mesmo, no transcurso de ENISE, tamén participaron en varias sesións destacadas. Neste sentido, o seu director de Innovación, Yago González, ofreceu un relatorio sobre “Ciberseguridade na era do 5G e Edge Computing”.
Ademais, no Speaker Corner, tamén compartiron retos, servizos e iniciativas de Plexus Tech orientadas a fortalecer a seguridade dixital de organizacións públicas e privadas.
Por outra banda, coa súa presenza no encontro tivemos a oportunidade de avanzar no proxecto Quantum Zero Trust (QZT). Esta iniciativa CPI, liderada por INCIBE xunto a Multiverse Computing e ITechGrup by Plexus, impulsa o desenvolvemento de tecnoloxías cuánticas aplicadas á ciberseguridade.
Por todo iso, ENISE 2025 volveu a demostrar que a ciberseguridade é un piar esencial da transformación dixital e unha prioridade compartida entre sectores públicos e privados.
Comentarios