Trátase do maior cume europeo sobre saúde dixital
O equipo da área sanitaria de Plexus Tech estivo presente na terceira edición do Health Revolution Congress, o maior cume europeo no sector, que se celebrou na cidade condal o 27 e 28 de maio.
A compañía tivo a oportunidade de participar e conectar con profesionais e empresas do ecosistema health care no marco deste evento. Dúas xornadas xunto a startups, hospitais, tecnolóxicas, profesionais sanitarios e expertos internacionais compartindo conversacións sobre IA, saúde dixital, datos, experiencia de paciente e todo o que está a redefinir o futuro o sector.
O Health Revolution Congress, con máis de 3.000 asistentes, é un espazo crave para falar non só de tecnoloxía, senón de como aplicala de forma responsable para avanzar cara a unha sanidade máis personalizada, accesible e eficiente.
Comentarios