A mobilidade dixital chega a Galicia e faio da man de Plexus Tech. A compañía desenvolveu a nova e pioneira Plataforma Galega de Movilidad 4.0 “MoBT” da Xunta de Galicia. Unha ferramenta única que permite integrar, nunha soa app, todo o que necesita un viaxeiro: pago no autobús a través do móbil, información en tempo real sobre os roteiros, planificación multimodal e moitos máis servizos.
A nova ferramenta de mobilidade foi presentada este xoves, 7 de agosto, en Santiago de Compostela e xa se atopa implementada nas roteiros da área comarcal da capital galega, así como na comarca do Deza. Un despregamento inicial que se irá expandindo a toda Galicia nos próximos meses.
Por primeira vez, toda a mobilidade pública de Galicia intégrase nunha única aplicación para que o usuario ou usuaria só teña que decidir onde quere ir.
Deste xeito, “MoBT” permite pagar directamente desde o móbil no autobús, eliminando a necesidade de tarxetas físicas, oficinas bancarias ou recargas en caixeiros. Unha auténtica revolución na forma de moverse por Galicia.
Desde Plexus Tech lideraron o deseño, desenvolvemento, implantación e operación desta plataforma que ten, como principais novidades:
Neste sentido, a nova plataforma “MoBT” supón un paso firme cara a unha Galicia máis conectada, máis verde e dixital, aliñada coa estratexia Galicia 2030. Un reto do que, en Plexus Tech, estamos orgullosos de impulsar cunha mobilidade máis intelixente e eficiente.
Comentarios