No marco do Encontro Internacional España-India, que se celebra en Valencia o 3 e 4 de novembro, deseñáronse visitas a diferentes ecosistemas rexionais para amosar ás delegacións indias o potencial de colaboración con empresas, institucións e centros de innovación españois.
Entre estes ecosistemas atópase o galego, onde o Clúster TIC Galicia colabora ofrecendo a oportunidade de manter reunións individuais con estas empresas, a través do evento Nexus INDIA, que terá lugar na Coruña o 5 de novembro, co seguinte programa e estrutura:
O obxectivo desta xornada é establecer alianzas, realizar posibles coinversións, proxectos conxuntos e soft landing entre o ecosistema tecnolóxico galego e unha delegación de 14 empresas tech indias, posicionando a España como unha ponte estratéxica para a expansión en Europa e LATAM.
As asociadas interesadas en acudir deben encher este formulario de inscrición ás reunións Nexus INDIA, tendo en cuenta as seguintes condicións por cuestións operativas:
Neste documento poderedes atopar as firmas indias que participarán no evento e as súas fichas completas co detalle dos seus produtos e servizos, así como os seus intereses concretos (partners, investidores, colaboradores, etc.).
Comentarios