O Clúster TIC Galicia celebrará o próximo xoves 25 de setembro, de 9:30 h a 11:15 h, o webinar “Proxectos IA360 - Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación con IA”, no que se presentarán os proxectos de 15 empresas socias que contan con financiación da convocatoria IG408M do Igape, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
Os proxectos que se amosarán son os seguintes:
- Cinfo: TIIVII toolbox: sistema de IA.
- Deicom Technologies: RedIA. Análise de datos e IA aplicada á supervisión avanzada de redes de baixa tensión.
- Galvin Tecnológica (Galvintec): MOODULAR IA. Módulo de IA para optimizar sistemas de picking en almacéns e centros de distribución.
- Ilux Visual Technologies: Mindforge. Máis alá dun buscador intelixente.
- Imatia Innovation: IA360 – IMPILOT desenvolve copilotos de intelixencia artificial aplicados á Administración Pública e aos servizos sociais, mellorando o acceso da cidadanía á información en sedes electrónicas e optimizando o traballo dos profesionalis sociais con ferramentas intelixentes.
- Imaxin: LYNX. Nova Xeración de Asistentes Intelixentes para a Transformación Dixital das empresas e administracións (Chatbot RAG).
- In2AI: Prevención de acceso non autorizado a datos con asistentes conversacionais e monitorización de actividade para a avaliación de rendemento en produtividade de empregados.
- Prefapp Cloud Consulting: Integración de IA en firestartr.dev.
- Quobis: Smart Answer, solución de operador que responde chamadas entrantes de números descoñecidos cun asistente virtual baseado en IA.
- Situm: GAIA (Geospatial Assistance for Intelligent Acknowledgment).
- Sixtema: LEVAD-360, solución de xestión que mediante IA e recuperación aumentada que busca converter información empresarial nun recurso estratéxico.
- SREC Solutions: SINVAD - Standard intelligent interactive virtual assistant design.
- Tesla Technologies & Sof tware: INDICAGES: Plataforma de IA para a xestión e certificación de indicadores de sostibilidade.
- TorusWare & Vegalsa: PROVIA: optimización do proceso de provisión de servizos/produtos especializados en tenda mediante intelixencia artificial.
- Visual Publinet: IA360 SEO Local. Nova xeración de estratexias de posicionamento local baseadas en intelixencia artificial.
Inscrición gratuíta neste enlace.
Consulta a axenda do evento e a descrición dos proxectos.
Comentarios