O Clúster TIC Galicia vén de adxudicar a Sixtema a contratación do deseño e implementación dunha plataforma dixital que permita centralizar os principais servizos da entidade a través de diferentes módulos.
A compañía será a encargada de desenvolver esta solución, que se despregará integramente en infraestrutura on premise, a través dos servidores do Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC, e que actuará como base do primeiro Xemelgo Dixital do sector TIC galego.
As empresas concursantes cuxas propostas non resultaron adxudicatarias teñen ata o 15 de abril de 2026, incluído, para presentar calquera tipo de alegación relacionada co proceso. Consulta aquí a acta da mesa de valoración do concurso.
Comentarios