José Manuel García Oya, socio-director de Plexus Tech, vén de recibir o Premio Especial CPEIG-En memoria de Hernán Vila á súa traxectoria profesional “pola súa contribución decisiva ao desenvolvemento e consolidación do ecosistema tecnolóxico galego”, apuntan dende o Colexio.
Falar de José Manuel García Oya é falar de visión, compromiso e proximidade. Dunha persoa que foi protagonista dalgúns dos grandes avances na transformación dixital da sanidade neste país. Un profesional que, desde hai case 20 anos, contribuíu a impulsar o crecemento de Plexus Tech, especialmente nun ámbito tan estratéxico como o da saúde.
A súa traxectoria é tamén a dunha xeración que axudou a demostrar que desde Galicia era posible construír proxectos tecnolóxicos de referencia, combinando innovación, coñecemento e unha firme aposta polo talento e as persoas.
Así mesmo, este recoñecemento pon en valor unha traxectoria excepcional e unha forma de entender a tecnoloxía ao servizo das persoas.
Comentarios