Inscríbete na xornada gratuíta sobre ciberseguridade para pemes e aprende a protexer a túa información

Silvia Camesella,

Inscríbete na xornada gratuíta sobre ciberseguridade para pemes e aprende a protexer a túa información


O Clúster TIC Galicia, en colaboración coa Amtega e a Asociación de Executivas de Galicia, organizan a sesión "Ciberseguridade para PEMEs e autónom@s: o poder das persoas", que terá lugar o vindeiro xoves 16 de abril, ás 16:00 h, no centro GaiásTech, en Santiago de Compostela.

Esta xornada ten como obxectivo afondar nos principais riscos de ciberseguridade que poden afectar á vida cotiá, tanto no ámbito profesional como persoal. Ademais, ofreceranse pautas prácticas para identificar técnicas de manipulación e engano empregadas nos ciberataques, con especial atención ao phishing, a ameaza máis habitual.

O programa será o seguinte:

  • Introdución a conceptos básicos de ciberseguridade.
  • Seguridade de credenciais e posto de traballo.
  • Seguridade do correo electrónico e dispositivos móbiles.
  • Principais ameazas en liña.
  • Enxeñaría social: que é, como funciona e para que se emprega.
  • Phishing: definición, impactos e tipos.
  • Malware.
  • Detección de ataques.
  • Boas prácticas e referencias.
  • Quenda de preguntas

A participación está aberta a profesionais de calquera sector interesados na ciberseguridade e en aprender a protexer a información, contribuíndo así á seguridade da súa empresa.

A inscrición no curso, de dúas horas de duración, é gratuíta. Máis información aquí.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies