“Estamos orgullosos de ter un posto de privilexio no sector cun capital cen por cen galego"

“Estamos orgullosos de ter un posto de privilexio no sector cun capital cen por cen galego"


Ocupar un posto de cabeza no mercado español e desenvolver plans de internacionalización mantendo a sede en Galicia e un capital cen por cen galego no é unha utopía. Grupo Femxa demostra que é posible.  Esta consultora viguesa aposta polas solucións a medida e polo desenvolvemento das súas propias ferramentas tecnolóxicas para garantir a empleabilidade e a formación continua dos traballadores de máis de 40 sectores. Lino Cobas é o director da delegación da compañía en Galicia e preside o grupo de traballo de Formación do Cluster TIC.

¿Cal é a dimensión de Grupo Femxa e que representa Galicia no conxunto do seu negocio?

Femxa Formación naceu en Vigo en 1999. Os seus propietarios son tres empresarios galegos que empezaron cunha pequena academia para universitarios. Hoxe Femxa é unha consultora líder a nivel estatal, e por tanto galego. Temos as cifras máis altas en case todos os indicadores do sector. En 2011 formamos a 52.000 alumnos en toda España e para 2011 temos unha previsión de facturación de 32 millóns de euros. A nosa plantilla está formada por 270 traballadores, sin contar os docentes contratados. Desa plantilla, 200 traballadores están en Vigo, desde onde se leva a xestión de todos os proxectos. Ademáis, acabamos de incorporara á plantilla 40 rapaces e rapazas para un proxecto estatal de prácticas non laborais para menores de 30 anos sen cualificación. Sentímonos moi orgullosos de ocupar un posto de privilexio no sector mantendo un capital cen por cen galego.

¿Que peso teñen os contidos TIC no total da oferta formativa da empresa?

O dez por cen da formación específica corresponde a contidos TIC. Ademáis, realizamos cursos de aplicacións informáticas transversais que supoñen o 20 por cento da actividade na modalidade de teleformación.

Falemos logo de teleformación, ou e-learning. ¿Cánto ten avanzado esta modalidade formativa?

En Femxa ten rexistrado unha variación bastante importante nos últimos anos. Pasou de representar o 80 por cento do total de  alumnos en 2009 a un 70 por cento en 2012. Este cambio é debido á adaptación continua ás necesidades das empresas e traballadores, así como á nova normativa baseada en Certificados de Profesionalidade, que esixe un número obligatorio de horas en modalidade presencial.

¿Dispón Femxa de tecnoloxía propia en teleformación?

Si. Non so dispoñemos de plataforma propia, que adaptamos para cada cliente, senón que ademáis elaboramos contidos propios para os novos Certificados de Profesionalidade, adaptándonos coa dixitalización dos contidos ás competencias necesarias para a actividade profesional de cada traballador. En formación para directivos, desenvolvemos xunto coa Asociación para o Progreso da Dirección (APD) o proxecto Visión Directiva, co cal, a través de contidos audiovisuais de ponentes de primeiro nivel, estamos dando formación en temas de interés e actualidade a profesionais que desempeñan cargos de responsabilidade. A reforma laboral, por exemplo.

¿Que nivel de formación teñen os profesionais galegos das TIC?

Diría que alto ou moi alto. Trátase de profesionais que desenvolven as súas carreiras nun sector que esixe unha formación constante para adaptarse á evolución continua da tecnoloxía. O TIC é un sector moi especializado e unha das contornas empresariais máis dinámicas, así que esixe aos profesionais o máximo nivel. Femxa traballa co Cluster TIC en Galicia e con Ametic a nivel estatal, como entidades máis representativas, para garantir as necesidades formativas dos profesionales do sector.

¿Que contidos son os máis demandados?

O ano pasado, desde o grupo de traballo de Formación do Cluster fixemos un estudio das necesidades formativas das empresas. Obtivemos conclusións moi interesantes. Sorprendeunos a alta demanda de cursos transversais: habilidades directivas, idiomas, informática… Por suposto, tamén se solicitou un bo número de accións específicas do sector, especialmente en áreas de networking, programación, CAD e modelado.

¿Que evolución está tendo o negocio da formación? ¿Teñen impacto os recortes en inversión pública?

Neste momento, as consultoras de formación movémonos nun escenario de incerteza con respecto ao modelo que xurdirá da reforma laboral, e a firma dos quintos acordos marco de formación continua. Ninguén está en disposición de dicir ata que punto cambiará o actual modelo, tanto de formación para ocupados coma para desempregados. Consideramos que deberían integrarse nunha única unidade de xestión para todo o Estado, que favoreza a profesionalización dos sectores e mellore a efectividade da inversión. Femxa traballa dende hai anos na orientación do seu catálogo de servizos cara aos Certificados de Profesionalidade, porque consideramos que toda a formación debe ter como obxectivo principal mellorar o nivel de empleabilidad e de cualificación dos traballadores. Respecto á inversión pública, sen dúbida os recortes afectarán ao sector, pero non son o máis preocupante. É máis urxente o problema do cobro da formación realizada. Existen exemplos de entidades que aínda non cobraron a formación do ano 2009.

¿Ten Femxa plans de internacionalización?

Traballamos en proxectos europeos desde hai varios anos. Ademáis, nos ultimos seis meses asentamos o noso negocio de consultoría en Romanía e Polonia, con persoal e oficinas propias. En Latinoamérica temos tamén negocio en consultoría de formación, concretamente en Perú, Colombia e México.

¿Cal cre que é o papel das empresas de formación dentro do Cluster TIC Galicia?

As consultoras de formación non somos empresas puramente TIC. Sen embargo, o uso de tecnoloxías da información e das comunicacións está completamente implantado. Cada día son máis as solucións formativas que se apoian neste tipo de ferramentas. Móbiles, por exemplo. Neste contexto, conideramos que a nosa presenza no Clúster ten moito que achegar para mellorar a competitividade das empresas TIC galegas a través da formación. No grupo de traballo de Formación estamos presentes case todas as consultoras representativas de Galicia. Iso permítenos traballar achegando cada unha o seu coñecemento do mercado. Como presidente do grupo de traballo estou moi satisfeito co nivel de colaboración que mantivemos ata agora. Son moitos os proxectos que queremos poñer en marcha e queremos que as empresas do Cluster nos vexan como o órgano de referencia en materia formativa.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies