Ábrese a posibilidade de poñer unha representación colectiva das TIC galegas en Gran Bretaña

Ábrese a posibilidade de poñer unha representación colectiva das TIC galegas en Gran Bretaña


O pasado 21 de marzo o Grupo de Traballo de Internacionalización mantivo unha reunión co Departamento de Investimentos ou Expansión Internacional da Embaixada do Reino Unido en Madrid, representado por Cristina Monteiro. Neste encontro tratáronse cuestións relativas ás condicións que se lles ofrecen ás empresas do noso sector para establecerse naquel mercado. Esta implantación pode facerse efectiva por medio da posta en marcha dunha sociedade filial, pero tamén poden existir outras fórmulas, como por exemplo a través dunha empresa que representase os intereses de varios socios, posibilidade esta que vai ser explorada polo Clúster TIC Galicia.

O Reino Unido ofrece interesantes oportunidades de negocio nos sectores TIC e e-Health. Oportunidades que poden estar ao alcance das empresas socias do Clúster dispostas a establecerse no país. Tal e como se trasladou aos representantes do Grupo de Traballo de Internacionalización, o Goberno do Reino Unido, a través da entidade UK Trade & Investment, está disposto a facilitar a implantación no país de empresas socias do Clúster, ofrecéndolles consello sobre cál pode ser a rexión máis interesante, e brindándolles axuda na procura de persoal especializado ou contactos con asesores.

De existir un volume suficiente de socios, o Clúster organizará un almorzo informativo sobre oportunidades de negocio no Reino Unido no que participaría o especialista no sector TIC de UK Trade & Investment.   Os socios interesados en participar nesta actividade, ou en explorar a posibilidade de poñer en marcha unha empresa conxunta en Gran Bretaña, deben poñerse en contacto coa Administración do Clúster (adela.amado@clusterticgalicia.com).

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies