O Cluster coordina as achegas dos socios para participar no deseño da Estratexia de Especialización Intelixente

O Cluster coordina as achegas dos socios para participar no deseño da Estratexia de Especialización Intelixente


Respondendo á iniciativa da Xunta de Galicia e coa imprescindible participación dos socios, o Cluster participará na elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente-RIS3. Este proxecto será determinante para acadar fondos estruturais a partir de 2014. Será ademais un instrumento para optimizar as políticas, tanto públicas como privadas, en materia de innovación e para impulsar o crecemento económico.

Nesta fase inicial precísase identificar os ámbitos de maior potencial innovador e de crecemento, polo que a Xunta ten solicitado ao Cluster colaboración para que as empresas do sector TIC fagan as indicacións pertinentes. É, polo tanto, moi importante que os socios apoien os investimentos en innovación coas súas achegas.

A Xunta de Galicia reuniu aos distintos axentes de innovación arredor de cinco grupos de traballo. Segundo a información que aporten estes grupos, decidiranse as áreas de estratéxicas nas que se investirán os fondos que veñan da Unión Europea. Polo tanto, todos os sectores tratarán de demostrar que son os idóneos para recibir os fondos. Por esta razón, é importante recibir as achegas das empresas dos socios, con información e casos de éxito para que o Cluster poida influír na decisión sobre cales son as áreas de especialización nas que se investirán os fondos económicos dispoñibles.

Adxúntase un Cuestionario de Autoavaliación e unha Táboa de recollida de proxectos para que cada empresa a envíe ao Clúster, que se encargará de aglutinar  a información e remitir á Xunta de Galicia.

O prazo para remitir os cuestionarios está aberto ata o xoves 7 de marzo ás 14:00 horas. O correo para achegar os documentos é: info@clusterticgalicia.com

A Especialización Intelixente


A Especialización Intelixente baséase na identificación de características e de activos de cada país e rexión, destacando as vantaxes competitivas de cada unha, e reunindo aos actores e recursos rexionais en torno a unha visión de futuro en base a súa excelencia. Tamén significa o fortalecemento dos sistemas rexionais de innovación, maximizando o fluxo de coñecemento e a difusión dos beneficios da innovación do conxunto da economía rexional.

O proxecto RIS3 nace do interese da Unión Europea por que as autoridades nacionais e rexionais de toda Europa deseñen estratexias nesta liña, co obxectivo de que os fondos estruturais da UE poidan ser empregados con eficiencia e para que aumenten as sinerxías entre as diferentes políticas nacionais e rexionais da UE, así como as inversións tanto públicas como privadas.

Na proposta da Comisión Europea para a Política de Cohesión 2014-2020 establécese a Especialización Intelixente, como un requisito previo para o uso do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) de 2012-2020, apoiar estas inversións con dous obxectivos fundamentais: fortalecer a investigación, desenrolo tecnolóxico e a innovación, e mellorar o acceso e uso de calidade das TIC.

A través da AMTEGA, a Xunta ten informado
de que contará coa participación dos axentes do Sistema Galego de Innovación para a elaboración da  Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia- RIS3.

Cuestionario autoavaliación

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies