O Clúster TIC aglutina esforzos e multiplica capacidades

O Clúster TIC aglutina esforzos e multiplica capacidades


Co obxectivo de desenvolver sinerxías para mellorar e ampliar proxectos e servizos, o Clúster TIC Galicia traballa en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG), coa plataforma tecnolóxica Vindeira e coa asociación empresarial EGANET. Esta cooperación seguirá estendéndose ao resto das entidades TIC galegas e permitirá o afortalamento e crecemento do sector.

Ademais, o Comité Estratéxico (COES) do Clúster TIC Galicia, na súa reunión do pasado 20 de marzo aprobou tamén o Código de Conducta do Grupo de Traballo de Sectores de Galicia e Grandes Clientes, no que se recolle a sinatura de acordos de confidencialidade con outros clúster; a comunicación aos socios das accións realizadas; a documentación mediante actas das reunións que se manteñan, e a participación aberta e igualitaria de todos os socios nas iniciativas que poña en marcha o grupo de traballo.

O COES deu luz verde á estrutura de contidos para a realización do documento Comunicación e redes. Proposta de mellora, que presentou o Grupo de Traballo de Marketing. Nel traballaranse catro liñas: Transparencia, para manter informados aos socios; Dinamismo, para facer visible o traballo do Clúster; Coñecemento, para obter información dos asociados; Crecemento, co obxectivo de captar novas adhesións. Para acadar estes 4 obxectivos o Clúster potenciará a súa imaxe, tanto na Web corporativa como nas principais redes sociais (Facebook, Twitter e Linkedin).

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies