I Semana TIC sectorial adicada ao sector Téxtil

I Semana TIC sectorial adicada ao sector Téxtil


A Axencia para a Modernización Tecnoloxica de Galicia, en diante AMTEGA, a través do Centro Demostrador TIC, queren por en marcha unha nova iniciativa, as Semanas TIC Sectoriais.  

O obxectivo desta iniciativa é ofrecer un punto de encontro entre ás empresas do sector TIC e empresas doutros sectores de actividade. En particular, os vindeiros 20, 21 e 22 de marzo terá lugar no CDTIC a “I Semana TIC sectorial adicada ao sector Téxtil”onde: 

  • Achegarase a oferta tecnolóxica de Galicia para as empresas do sector téxtil a través dun catálogo de provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia.
  • Sentarase nunha mesa común a usuarios, empresas do téxtil e desenvolvedores tecnolóxicos para definir os retos de futuro pendentes na aplicación das TICs ao téxtil
  • Amosarase de forma práctica as solucións máis innovadoras que existen hoxe en día para o sector téxtil.
  É preciso que accedan ao seu perfil no MapaTIC.gal, se xa están rexistrados, ou se rexistren no MapaTIC.gal e, actualicen ou introduzan as solucións tecnolóxicas específicas para o Téxtil antes do vindeiro martes 26 de febreiro.
A partir dos datos inseridos no MapaTIC.gal, elaborarase o Catálogo de Provedores e Solucións Tecnolóxicas para o Téxtil, que será presentado o vindeiro 20 de marzo.  

Esperando que esta iniciativa sexa do seu interés, contacte coa administración do Cluster TIC ante calqueira dúbida ao respecto que lle poida xurdir.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies