Búscanse socios dispostos a liderar a achega do Cluster TIC Galicia ao maior programa público de I+D+i do mundo

Búscanse socios dispostos a liderar a achega do Cluster TIC Galicia ao maior programa público de I+D+i do mundo


Horizonte 2020 é o programa da Unión Europea para facer da investigación, a innovación e a competitividade a triple palanca dun crecemento intelixente, sustentable e integrador. Dotado con 80.000 millóns de euros, constitúe o maior programa público de I+D+i do mundo. Será ademais unha caudalosa fonte de oportunidades de negocio.

Este programa proporcionará financiamento en todas as etapas do proceso de innovación, desde a investigación básica ata que o produto chegue ao mercado. Complementarase, ademais, con medidas que permitan definir o Espazo Europeo de Investigación en 2014, para crear un mercado único do coñecemento, a investigación e a innovación.

A Comisión Europea fai un chamamento para que expertos de todos os campos participen na definición da axenda de Horizonte 2020. Achegar ideas e propostas a un programa tan importante é unha oportunidade única que o Clúster TIC Galicia non quere deixar escapar.

Con ánimo de incentivar a participación dos socios, o COES busca socios que desexen liderar a redacción da posición do cluster, ou polo menos participar na redacción. O Comité Estratéxico prestará apoio ao socio ou grupo de socios que se ofreza voluntariamente a preparar a achega do Clúster.

Pode obterse máis información na web da Comisión Europea dedicada a Horizonte 2020.

Os socios interesados deben porse en contacto coa Administración do Clúster.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies