Acordos do Comité Estratéxico do 9 de xaneiro

Acordos do Comité Estratéxico do 9 de xaneiro


Na súa reunión do pasado 9 de xaneiro, o Comité Estratéxico (COES) aprobou a sinatura dun convenio de cooperación entre o Cluster TIC e o Cluster Saúde de Galicia. En virtude deste convenio, os socios poderán participar no grupo de traballo "TIC Saúde" que xa está en funcionamento no Cluster Saúde de Galicia.

O COES deu luz verde tamén á creación dun documento de Maketing Interno que comprenda os asociados do Cluster TIC Galicia, do Cluster Audiovisual Galego (CLAG) e da asociación Eganet, co obxectivo de facilitar a difusión das capacidades, produtos e servizos que ofrecen as empresas vencelladas ás tres entidades. O Cluster continúa así coa liña de traballo para o achegamento e cooperación con CLAG e Eganet.

De igual modo, acordouse unificar as propostas dos dous grupos de traballo postos en marcha dentro da comisión de Proxectos Tractores. Isto permitirá presentar á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) un documento único no que se proporá unha lista de proxectos de compra innovadora. Cabe recordar que un dos grupos de traballo está integrado polas empresas grandes (grupo 3) e conta con representación de Ametic, mentres que o outro reúne empresas pequenas e medianas (grupos 1 e 2), contando ademais cun representante de Ineo.

Finalmente, e como resultado dunha cuestión formulada na quenda de rogos e preguntas, acordouse solicitar á Xunta de Galicia, para que o traslade ao organismo correspondente, unha revisión dos criterios utilizados para definir a unha entidade como pequena, mediana ou grande empresa.

Ademais, dos acordos indicados, os responsables das distintas áreas de traballo deron conta o COES dos avances alcanzados en Relacións con CDTI, Internacionalización, Multinacionais e Voluntariado Dixital.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies