A sanidade pública galega licitará este ano contratos de compra pública innovadora por un importe de 18,4 millóns de euros

A sanidade pública galega licitará este ano contratos de compra pública innovadora por un importe de 18,4 millóns de euros


O Consello da Xunta celebrado o xoves 14 de marzo aprobou un informe da Consellería de Sanidade que recolle a situación actual da convocatoria aberta de propostas de solucións innovadoras promovidas polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) como primeiro paso nun proceso de compra pública innovadora no marco dos proxectos Hospital 2015 e Innova Saúde.

Con estas iniciativas, o Sergas persegue mellorar a calidade de vida do cicadán no fogar mediante a implantación de dispositivos intelixentes que soporten a comunicación dos profesionais sanitarios cos pacientes e cos seus coidadores. Ao mesmo tempo aborda a xestión das urxencias sanitarias e a trazabilidade dos pacientes e profesionais como ferramenta de mellora da calidade na asistencia. O desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas que permitan o diagnósitco por imaxe multicentro e o diagnóstico asistido por ordenador; o fomento da teleasistencia a través de redes de especialistas localizables a través de dispositivos móbiles, e o deseño de habitacións intelixentes son outros dos obxectivos.

Para acadalos,  a Administración galega licitará no primeiro semestre do ano 18 contratos cun importe total de 18,4 millóns de euros.

Enlace á información da Xunta de Galicia

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies