Avansig, empresa especializada en enxeñería de software e orientada ao desenvolvemento de novas ferramentas e solucións no campo dos Sistemas de Información Xeográfica (SIG), foi seleccionada como beneficiaria do programa de Implantación de Plans de Innovación en Procesos e Organización (InnovaPeme 2024) financiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN).
InnovaPeme 2024 está dirixido a pequenas e medianas empresas galegas que desexan reforzar e aumentar a súa capacidade de innovación mediante a implantación de plans estruturados en procesos, organización, sustentabilidade e dixitalización.
Este programa proporciona unha axuda do 50% a fondo perdido con actividades incluídas dentro do plan como asesoramento para a xestión en proxectos colaborativos en I+D+i, métodos innovadores nas operacións administrativas, contables ou de márketing, novos sistemas loxísticos ou de entrega, e un aumento da conexión con clientes ou provedores do ecosistema innovador galego.
Esta distinción reforza o compromiso de Avansig coa innovación e a transformación da compañía. Grazas ao respaldo da GAIN a empresa poderá traballar en tres obxectivos clave:
Avansig aplicará metodoloxías avanzadas grazas ao acceso ao financiamento e asesoramento especializado, favorecendo a conversión de ideas en solucións tanxibles e reforzando o seu posicionamento no mercado.
No seu firme compromiso coa innovación, a empresa participa e traballa activamente en proxectos de I+D+i, tanto a nivel individual como en cooperación. En liña coa súa traxectoria, segue de preto iniciativas colaborativas que se promoven a nivel galego e nacional como os programas NEXOS ou INTERCONECTA - STEP, mostrando o seu interese en establecer alianzas que impulsen o desenvolvemento de novas solucións innovadoras.
Comentarios