A tecnoloxía só avanza de verdade cando é accesible a todas as persoas

Silvia Camesella,

A tecnoloxía só avanza de verdade cando é accesible a todas as persoas


  • A nova edición do GAAD de Plexus Tech serviu para reflexionar, debater e compartir ideas sobre accesibilidade

O Global Accessibility Awareness Day (GAAD ) Plexus Tech 2026, celebrado o pasado 21 de maio, deixou aprendizaxes, perspectivas diferentes e a convicción compartida de que a tecnoloxía só avanza de verdade cando é accesible para todas as persoas.

Un ano máis, desde Plexus Tech organizaron unha xornada para reflexionar, debater e compartir ideas sobre accesibilidade dixital, IA, regulación, deseño inclusivo e o papel que a tecnoloxía debe xogar na construción de experiencias pensadas para todas as persoas.

O evento reuniu a especialistas, entidades, profesionais e persoas comprometidas cunha tecnoloxía inclusiva. Unha sesión enriquecedora que deixou grandes conclusións:

  • A accesibilidade non é unha opción.

A accesibilidade dixital non é un só unha cuestión técnica: son dereitos, igualdade e oportunidades para todas as persoas. Cando eliminamos barreiras, construímos tecnoloxía máis humana e xusta.

  • O European Accessibility Act marca un antes e un despois.

A accesibilidade entra agora nunha nova etapa de máis esixencia, supervisión, responsabilidade e impacto real. Europa xa non só fala de concienciación, senón tamén de vixilancia, cumprimento e fiscalización.

  • A IA pode ser unha gran aliada.

Subtitulado automático, recoñecemento de imaxes, asistentes de voz ou ferramentas de apoio son algunhas das oportunidades que abre a intelixencia artificial en materia de accesibilidade.

En todo caso, tamén pode xerar exclusión, sempre e cando non se deseñe contando coas persoas. Por iso, a tecnoloxía necesita supervisión humana e necesita diversidade.

  • O problema non está no produto, senón no proceso.

As barreiras dixitais non aparecen ao final, senón que se orixinan cando non existe formación adecuada, non se pensa en accesibilidade desde o deseño, non participan usuarios reais ou se se deixa a accesibilidade para o final. Por iso, débese construír con accesibilidade desde o principio.

  • Un bo deseño capacita e un malo discapacita.

A accesibilidade non beneficia só ás persoas con discapacidade, xa que tamén mellora a experiencia de usuario, a calidade dixital, a eficiencia da IA, a competitividade e a innovación.

  • A inclusión non debería ser unha excepción. Debe ser o punto de partida.

Desde Plexus Tech seguen traballando por unha tecnoloxía máis accesible, máis humana e pensada para todas as persoas.

E para os que non puideron seguir o streaming, poden velo na canle de Youtube da compañía: https://www.youtube.com/@Plexustech

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies