O proxecto presentou os seus logros neste primeiro ano e os retos de futuro, como un dos espazos máis relevantes en IA aplicada á saúde
En Plexus Tech celebraron o primeiro aniversario da Cátedra USC - Plexus en Intelixencia artificial aplicada ao Medicamento Personalizado de Precisión. O proxecto pechou o seu primeiro ano consolidándose como un dos espazos máis relevantes en IA aplicada á saúde.
Por iso, o 26 de maio celebrou un acto especial no Palacio de Fonseca para presentar os seus principais logros e os seus retos de futuro. Un encontro de balance anual con representantes institucionais, académicos e tecnolóxicos, cuxo momento central chegou coa conferencia de César de la Fuente. O referente mundial na aplicación da IA para o descubrimento de novos antibióticos e catedrático da Universidade de Pensilvania e director do Machine Biology Group, compartiu a súa visión sobre o futuro do medicamento nunha clase maxistral.
Desde Plexus Tech senten unha enorme satisfacción por todo o conseguido ata o de agora. CAMELIA non só impulsa investigación e innovación en IA aplicada á saúde, senón que tamén axuda a achegar estas tecnoloxías a profesionais sanitarios, institucións e sociedade desde o coñecemento, a ética e a responsabilidade.
Ademais, facelo xunto a unha institución como a Universidade de Santiago de Compostela (USC), con referentes académicos e expertos e expertas internacionais, achega aínda máis valor a unha iniciativa construída desde a colaboración e co obxectivo de impulsar unha intelixencia artificial rigorosa, responsable e útil para as persoas.
Por iso, agradecen a presenza no acto de celebración do primeiro aniversario de Rosa Crujeiras, reitora da USC; Aleida Alcaide, directora xeral de IA do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública; Román Rodríguez, Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia; Julio Abalde Alonso, subdelegado do Gobierno en Galicia; así como os codirectores da Cátedra, Senén Barro Ameneiro e José Manuel Chao Ardao, tamén socio-director en Plexus Tech.
Un ano en cifras
Desde unha visión ampla e integradora, a Cátedra CAMELIA consolidou neste primeiro ano unha intensa actividade de formación, investigación, trasferencia e difusión do coñecemento. Grazas ao apoio institucional e da propia Plexus Tech, iniciáronse xa catro teses, e presentouse outra; leváronse a cabo dez investigacións, presentáronse cinco publicacións científicas; e participaouse nun congreso internacional.
En todo caso, o máis importante para a Cátedra USC-Plexus, como remarcaron os seus directores, foi a formación de investigadores novos, que marcarán o futuro do sector.
Comentarios