O CDTIC busca empresas galegas con solucións tecnolóxicas socio-sanitarias

O CDTIC busca empresas galegas con solucións tecnolóxicas socio-sanitarias


O CDTIC está a buscar provedores TIC galegos que conten con solucións tecnolóxicas para actividades socio-sanitarias e que estén interesados en amosalas ás empresas do sector na Xornada Demostradora orientada ao sector socio-sanitario.

Este evento terá lugar o 25 de outubro na sala de Formación do CDTIC e está dirixido á Administración pública e as pequenas e medianas empresas dedicadas a actividades socio-sanitarias.

O obxectivo desta xornada é achegar ás empresas do sector solucións tecnolóxicas que posibiliten a modernización do seu negocio, a mellora do seu posicionamento na economía galega, así como a apertura  a novos mercados.

Aquí podes contactar co CDTIC e participar como empresa colaboradora. 

Máis información

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies