8 agosto 2025
A empresa galega de innovación tecnolóxica Inverbis presenta SALUSBENCH, unha solución orientada a optimizar a eficiencia de hospitais, laboratorios e centros asistenciais mediante a análise comparativa de procesos, sen expoñer información sensible. Esta ferramenta, aliñada coa estratexia europea de espazos de datos, implementarase inicialmente no demostrador multisectorial xestionado polo CESGA, situando Galicia como referente en dixitalización sanitaria avanzada.
SALUSBENCH permite aos centros sanitarios avaliar de maneira continua e obxectiva o seu rendemento clínico e organizativo. A través da aplicación de intelixencia artificial e técnicas de minería de procesos, transforma ...