8 maio 2025
A compañía vilagarciá Dos Espacios, especializada no sector TurisTech, xestionará a aceleradora de proxectos turísticos innovadores do Concello de Lugo, tras resultar adxudicataria do procedemento de licitación convocado polo goberno local. O CEO da empresa, Santiago Paz, participou na reunión de lanzamento do programa.
Dos Espacios foi a empresa seleccionada entre as seis propostas presentadas, cuxas ofertas técnicas foron avaliadas por un comité de expertos mixto, integrado por técnicos de diferentes departamentos municipais e da Universidade de Santiago de Compostela.
O programa de aceleración, denominado Turistalent 5.0, está impulsado pola Concellería de Dinamización Económica do Concello de Lugo e ...