Novas

Novas dos asociados

Formulario de busca
29-01-2015 Novas dos asociados
O recoñecemento fíxose público na pasada semana no Citrix Summit, evento anual de partners do fabricante, que tivo lugar en Las Vegas
Ozona galardoada como partner en Las Vegas
O galardón foi entregado a Marcos Paredes, Socio-Director de Ozona, por: Luca Marinelli, Vicepresidente de vendas e estratexia de canle

Ozona Tecnología, compañía especialista en Virtualización e Cloud Computing, foi galardoada por Citrix como partner Western Europe na súa labor de creación de novo negocio durante o pasado ano 2014, un premio que recoñece o traballo que a compañía ven desenvolvendo nos últimos anos xerando novos proxectos e liderando a tecnoloxía. Citrix é a compañía líder mundial en solucións de virtualización, con máis de 260.000 clientes e uns 100 millóns de usuarios. As solucións de virtualización son aplicadas por case todas as empresas nos seus sistemas e supoñen unha peza fundamental das solucións en Cloud Computing, cada vez máis estendidas.Ozona é actualmente membro Gold da red de Partners de Citrix. Na súa carteira atópanse os clientes importantes deste fabricante a nivel nacional e desenvolve grandes proxectos de implantación de tecnoloxías Citrix de ámbito internacional. Con 75 empregados, a súa facturación en 2014 estará nos 9 millóns de Euros e ten oficinas en Santiago, Madrid, Barcelona e Lisboa.

máis información
27-01-2015 Novas dos asociados O CPEIG difunde unha serie de consellos na véspera do Día da Protección de Datos
Os enxeñeiros informáticos instalarán un stand informativo no Centro Comercial Compostela o mércores 28 de xaneiro

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), co gallo do Día Europeo da Protección de Datos que se conmemora o mércores 28 de xaneiro, quere pór de relevo unha serie de recomendacións dirixidas á cidadanía en xeral.Así mesmo, programou diferentes actividades divulgativas, entre elas un stand informativo que estará no Centro Comercial Compostela de 19 a 22 H. atendido por unha colexiada, quen lles explicará aos clientes de El Corte Inglés cómo salvagardar os seus datos persoais.

máis información
27-01-2015 Novas dos asociados
Grazas a un acordo asinado entre a Amtega, a Consellería de Educación e a multinacional TIC asinante do Pacto Tecnolóxico de Galicia
A Xunta e everis realizarán un estudo entre alumnos de secundaria e bacharelato para coñecer a situación das vocacións tecnolóxicas en Galicia

Coñecer as causas da baixa porcentaxe de matriculados en estudos tecnolóxicos en Galicia e poder abordar medidas que axuden a difundir as diversas saídas laborais destas carreiras son os obxectivos do convenio asinado entre o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o responsable de everis en Galicia, Jesús Lage

máis información
18-12-2014 Novas dos asociados imaxin|software asina un acordo de colaboración coa empresa catalana Marinva

A socia directora de imaxin|software, Luz Castro, viaxou o pasado martes a Barcelona para asinar con representantes de Marinva un acordo para cooperar no desenvolvemento de produtos multimedia de calidade pedagóxica, onde o xogo e a actividade lúdica sexan o eixo central metodolóxico e estratéxico.

máis información
10-12-2014 Novas dos asociados
Un conxugador verbal, un extractor de palabras chave ou un analizador de sentimentos son algunhas das ferramentas que ofrece esta completa caixa de ferramentas lingüísticas
A start up galega Cilenis lanza Linguakit, un completo portal de análise textual en galego, castelán, inglés e portugués

máis información