Novas

Novas do Cluster

Formulario de busca
23-11-2015 Novas do Cluster O Clúster TIC ostenta a Vicepresidencia da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións de Galicia

As entidades socias: Altia Consultores, Avansig, Bahía Software, CPEIG, Enxenio, Indra, R Cable e Telecomunicacións e Tecnoloxías Plexus forman parte do padroado.A Fundación CITIC de Galicia ten como principal obxectivo potenciar as actividades de investigación e transferencia na área das TIC ao tecido produtivo.

máis información
20-11-2015 Novas do Cluster Éxito de participación na xornada sobre "Estratexias para Web & Apps"

Tivemos ocasión de ver as estadísticas que manexan e as tendencias que marcarán o futuro. Unha análise fundamental para adecuar produto a cliente e conseguir monetizar o teu traballo. A xornada dou paso á sesión networking na que os expertos de Google deron resposta as inquedanzas plantexadas polos participantes, ao tempo que se ían facendo grupos de interese con obxectivos comúns.

máis información
30-10-2015 Novas do Cluster Avansig, Quobis, Altia, Brookesia e Igalia, gañadores dos Premios Clúster TIC Galicia
Os galardóns foron entregados na gala que se celebrou o 29 de outubro

Avansig, Quobis, Altia, Brookesia Design and Technologies e Igalia son os gañadores dos Premios Clúster TIC Galicia 2015. Os representantes das cinco entidadas recolleron os seus galardóns onte ao serán, nunha gala que se desenvolveu no marco do evento LibreCon, na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

máis información
12-11-2015 Novas do Cluster O Clúster TIC Galicia convídate a participar no "TIC Santiago Getting Contacts"
Xoves, 26 de novembro na Cidade da Cultura

Participa neste evento de networking efectivo e dinámico!

máis información
12-11-2015 Novas do Cluster A Amtega e o Clúster TIC de Galicia organizan a xornada “Smartpeme, peme móbil e conectada” que abordará as tecnoloxías en mobilidade como factor clave para mellorar a competividade das empresas
Celebrarase o 25 de novembro no Centro Demostrador TIC en horario de 9.00 a 14.30

Está dirixida a empresas, autónomos e profesionais de diversos sectores interesados en aproveitar as vantaxes das tecnoloxías en mobilidadeA asistencia é de balde, previa inscrición na páxina web do CDTIC.

máis información
06-11-2015 Novas do Cluster O Clúster organiza a xornada "Estratexias para WEB & APPS" na que contaremos con 4 expertos de Google

O Clúster TIC Galicia desenvolverá o 19 de novembro, ás 16:30 horas un evento no que teremos a oportunidade de coñecer a expertos de Google AdMob e AdSense; de poñernos en contacto con desenvolvedores e editores; e de asistir á xornada "Optimiza con Google: Estratexias para Web & Apps". A participación é gratuíta previa inscrición

máis información