Novas

Novas do Cluster

Formulario de busca
28-03-2016 Novas do Cluster Xornada de presentación de resultados do proxecto de análise e estudo de Plataformas de IoT do Cluster TIC Galicia

O xoves 31 de marzo, ás 11h, terá lugar no Edificio CEM da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) a xornada de presentación de resultados do proxecto de análise e estudo de Plataformas de Internet das Cousas (IoT) coordinado polo Cluster TIC Galicia xunto ás empresas socias Itelsis, Plexus e R.

máis información
03-03-2016 Novas do Cluster SabadellGallego e Clúster TIC alíanse para impulsar o sector TIC en Galicia

SabadellGallego (Grupo Banco Sabadell) asinou convenio de colaboración co Clúster TIC Galicia. O acordó subscribiuse por Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia e por Pablo Junceda Moreno, director xeral de SabadellGallego.

máis información
19-02-2016 Novas do Cluster O Clúster TIC e CITIC organizan unha xornada de xeración de grandes proxectos

O acto tivo lugar o 18 de febreiro na sede da Fundación CITIC de Galicia, e asistiron empresas do Clúster, membros do Padroado da Fundación CITIC de Galicia, o Reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde e o Vicerrector de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador NayaO obxectivo do encontro foi o de seguir potenciando a colaboración entre ambos organismos a través da xeración de grandes proxectos de investigación e innovación, como é o caso do Programa Retos-Colaboración do MINECO

máis información
11-02-2016 Novas do Cluster O Clúster TIC Galicia e o CITIC organizan unha xornada de xeración de grandes proxectos

O xoves 18 de febreiro ás 12:00 h. terá lugar na sede do CITIC unha xornada dirixida, exclusivamente, aos socios do Clúster e que está organizada de maneira conxunta polo Clúster TIC Galicia e o centro tecnolóxico que contará coa participación de membros do Padroado do CITIC e a presenza do Reitor da UDC, Julio Abalde.

máis información
05-02-2016 Novas do Cluster A organización do CEBIT 2016 invita aos membros do Clúster TIC a participar na feira

A feira CeBIT terá lugar do 14 ao 18 de marzo en Hannover (Alemaña), tendo por obxectivo nesta ocasión tratar todo o referente ás oportunidades e retos da transformación dixital a dixitalización no eido empresarial, a través dun evento de exhibición e conferencias internacionais.

máis información
08-01-2016 Novas do Cluster Anuario fotográfico | Clúster TIC Galicia 2015

Publicamos o 1º Anuario fotográfico do Clúster TIC.

máis información