Novas

Novas do Cluster

Formulario de busca
30-04-2018 Novas do Cluster Os Clústers TIC e Audiovisual e Amtega poñen en marcha o Plan para impulsar o sector dos contidos dixitais

Dotado cun orzamento de 13 millóns de euros no período 2018-2020, o DICO Mindset fomentará a competitividade dixital nun sector que conta con máis de 900 empresas en Galicia. Durante a Xornada DICO in motion presentáronse iniciativas coas que impulsar áreas de negocio emerxentes, como o e-learning, a televisión online, os videoxogos e a realidade aumentada.

máis información
23-04-2018 Novas do Cluster Presentación e lanzamento do Plan DICO MINDSET, liderado por Amtega e os Clústers TIC e Audiovisual

O próximo 2 de maio, na Cidade da Cultura, terá lugar a Xornada DICO in motion co obxectivo de presentar e poñer en marcha o DICO Mindset. Trátase dun plan de acción para impulsar durante os anos 2018-2020 o sector dos contidos dixitais en Galicia, liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os Clústers TIC e Audiovisual. Este plan xurde do proxecto Viraxe TIC, que se elaborou coa colaboración dos Clústers TIC e Audiovisual, e co que foi posible realizar unha análise profunda para identificar as oportunidades de negocio no ámbito dos contidos dixitais en Galicia. Este programa permitiu tamén poñer en marcha servizos de asesoramento e celebrar foros de networking para promover e reforzar alianzas entre entidades locais e expertos de recoñecido prestixio a nivel internacional.

máis información
25-04-2018 Novas do Cluster Muutech Monitoring Solutions incorpórase ó Clúster TIC como novo asociado

A startup, con sede en Nigrán, ofrece servizos integrais de monitorización cloud para realizar de forma sinxela e escalable a recollida, análise predictivo e almacenado de datos en tempo real.

máis información
19-04-2018 Novas do Cluster O sector TIC galego amosa o seu potencial innovador ante inversores e posibles clientes

Destaca o sistema avanzado de condución autónoma con intelixencia artificial de Xesol Innovation e a aplicación Signen, de Tecalis, que permite asinar acordos a través da tecnoloxía blockchain. Outras empresas galegas como Situm, Cinfo, Councilbox, AVA, Ozona e Cleventy propoñen novidades en sectores como o audiovisual, o alimentario ou o desenvolvemento de software.

máis información
12-04-2018 Novas do Cluster O Cluster TIC Galicia celebra unha xornada tecnolóxica para presentar productos innovadores galegos

O Cluster TIC Galicia, en colaboración co IGAPE, celebrará o próximo xoves, 19 de abril, unha xornada na que participarán 8 entidades tecnolóxicas galegas que presentarán os seus productos innovadores.

máis información
02-11-2017 Novas do Cluster Almorzo de traballo sobre os plans públicos de emprego e promoción laboral en Galicia

O Cluster TIC organiza un almorzo de traballo xunto a representantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria

máis información