Novas

Novas do Cluster

Formulario de busca
16-07-2018 Novas do Cluster Curso CiberTIC Galicia: Ciberseguridade para a Industria 4.0
O curso conta co co-financiamento do IGAPE a través do seu programa IG229 - AXUDAS A PROXECTOS DE FORMACIÓN INDUSTRIA 4.0 (2017)

A ciberseguridade é unha temática prioritaria en calquera tipoloxía de empresa actual xa que os datos constitúen un dos principais activos das mesmas. Mediante este curso, os alumnos poderán coñecer as ameazas e posibles ataques que poden dirixirse cara os sistemas telemáticos dunha entidade, saberán xestionar a seguridade dos datos na rede ou coñecer os perigos que se agochan no uso de dispositivos móbiles ou en mobilidade.

máis información
25-06-2018 Novas do Cluster O Clúster organiza cinco mesas de traballo arredor dos intereses principais do sector.
Terán lugar o 28 de xuño no Auditorio da Bibliotca, Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela

A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación.

máis información
28-05-2018 Novas do Cluster A misión comercial inversa do Clúster TIC reforza a internacionalización das empresas galegas

As sete importadoras potenciais convidadas, procedentes de países de Europa e América, mostraron gran interese polo traballo que se está desenvolvendo en Galicia e iniciáronse interesantes colaboracións que abren novas oportunidades de negocio para o sector TIC.

máis información
21-05-2018 Novas do Cluster O Cluster TIC Galicia organiza unha misión comercial inversa con potenciais importadoras de Europa e América

O Clúster TIC Galicia organiza unha nova misión comercial inversa, entre os días 22 e 24 de maio, coa visita a Galicia de cerca dunha decena de potenciais importadoras TIC de Latinoamérica, Alemaña, Inglaterra e Canadá. Co obxectivo de fomentar a exportación do sector TIC galego e mellorar as súas relacións internacionais celebrarase uhna xornada aberta aos socios, o martes, 22 de maio, a partir das 9:30 h., no hotel NH Collection, en Santiago de Compostela.

máis información
16-05-2018 Novas do Cluster Inprosec, nova entidade adherida ao Clúster TIC

No Clúster TIC seguimos sumando empresas tecnolóxicas de gran potencial innovador. A última en incorporarse é Remote Consulting Services (Inprosec), con sede en Vigo, que ofrece servizos especializados de consultoría na seguridade da información e en xestión de riscos.

máis información
11-05-2018 Novas do Cluster Inscríbete nos cursos de Capacitación Industria 4.0 do Clúster TIC Galicia

En setembro (confirmaranse as datas proximamente), desenvólvense cursos de capacitación en ciberseguridade e xestión empresarial e organización 4.0, destinados a traballadores de pemes galegas. Ambos cursos contan co co-financiamento do IGAPE a través do seu programa IG229 - AXUDAS A PROXECTOS DE FORMACIÓN INDUSTRIA 4.0. Inscríbete agora!

máis información