Novas

Novas do Cluster

Formulario de busca
30-11-2018 Novas do Cluster Potenciais importadoras de Asia e América participan nunha misión comercial inversa
Durante os últimos días, mantivéronse xuntazas bilaterais de negocio con empresas socias do Cluster co obxectivo de detectar oportunidades de negocio e estreitar lazos comerciais

Trátase de cinco empresas de Cuba, Xapón y México punteiras no sector das telecomunicacións, dos medios audiovisuais, do comercio minorista e dos medios de transporte

máis información
14-09-2018 Novas do Cluster Dan comezo os cursos de xestión empresarial e seguridade informática do Clúster TIC co financiamento do IGAPE
O programa de especialización en Xestión Empresarial e Organización 4.0 lévase a cabo en colaboración con IFFE Business School

Os cursos de outono do Clúster TIC iniciaron as súas actividades na segunda semana de setembro da man das empresas socias que exercen como relatoras e formadoras.

máis información
03-09-2018 Novas do Cluster Taller de traballo sobre as Axudas á Dixitalización Industrial (Industria 4.0)
Evento organizada polo IGAPE e o Cluster TIC Galicia no que se exporán as principais características da segunda convocatoria das axudas á dixitalización industrial (Industria 4.0)

O xoves 6 de setembro, de 9:30h a 11:30h, terá lugar no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela unha xornada, organizada polo IGAPE e o Cluster TIC Galicia, onde se se exporán as principais características da segunda convocatoria das axudas á dixitalización industrial (Industria 4.0), aberta ata o vindeiro 21 de setembro.

máis información
16-07-2018 Novas do Cluster Programa de Especialización en Xestión Empresarial e Organización 4.0
Esta formación para PEMES é froito da colaboración do Clúster TIC con IFFE Business School e conta co financiamento do IGAPE

Este programa formativo, con foco na especialización en xestión empresarial, dará a coñecer as novas tendencias e tecnoloxías no campo da industria 4.0. Ademais, permitirá afondar nos novos modelos de negocio dispoñibles para o sector TIC. A maiores, o networking será un dos fundamentos da programación ao por en contacto a profesionais e empresas deste ámbito. A formación establécese en colaboración con IFFE Business School e recibirá unha subvención do 70% do custo formativo por parte do IGAPE.

máis información