Novas

05-12-2018

Mestrados en Big Data e Analítica de Negocio; e Industria 4.0 e Transformación Dixital da IFFE Business School

Como parte da relación establecida entre o Cluster TIC Galicia e o IFFE, achégase información sobre o Mestrado en Big Data e Analítica de Negocio e o Mestrado en Industria 4.0 e Transformación Dixital que están a

Como parte da relación establecida entre o Cluster TIC Galicia e o IFFE, achégase información sobre o Mestrado en Big Data e Analítica de Negocio e o Mestrado en Industria 4.0 e Transformación Dixital que están a piques de comezar na citada escola.

Os socios do Cluster TIC poderán acceder aos mesmo nunhas condicións máis vantaxosas consistentes en:Redución do prezo de matrícula do 50% para as inscricións de persoal das empresas socias do Cluster TIC e sexa aboado pola propia empresa (Prezo final 7.000€; PREZO EMPRESA)Redución do prezo de matrícula do 40% para as inscricións de persoal das empresas socias do Cluster TIC e sexa aboado a título individual de xeito directo polo alumno (Prezo final 8.400€; PREZO PROFESIONAL)

O Proxecto Fin de Mestrado (PFM) en ambos Mestrados estará definido pola propia empresa ou profesional e deberá servir coma aplicativo do traballado no Mestrado.

A Escola aportará os medios para que este TFM sexa da máxima utilidade. A formación comezará na segunda quincena de xaneiro e estenderase ata outubro en xornadas semanais de venres pola tarde e sábados pola mañá e trátase dunha formación bonificable a través da Fundación Tripartita.

Podedes solicitar máis información ao IFFE nos medios sinaladas na súa web.