Novas

03-09-2018

Taller de traballo sobre as Axudas á Dixitalización Industrial (Industria 4.0)

Evento organizada polo IGAPE e o Cluster TIC Galicia no que se exporán as principais características da segunda convocatoria das axudas á dixitalización industrial (Industria 4.0)

O IGAPE, en colaboración con Clúster TIC ofrecerá o xoves 6 de setembro un taller orientado a analizar as principais características da segunda convocatoria das axudas á dixitalización industrial (Industria 4.0). O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata ata o vindeiro 21 de setembro.

A xornada terá lugar de 9:30h a 11:30h no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela e constará de dous bloques de accións seguidos dun café de networking gratuito para todos os asistentes.

A estrutura do evento é a seguinte: 

  • Presentación da segunda convocatoria. Nela detallaránse as características das axudas, os criterios que deben cumprir os solicitantes e outras cuestións relacionadas coa presentación e adxudicación das mesmas. 
  • Taller de boas prácticas para a presentación de proxectos. Nesta segunda fase os membros do IGAPE e do Clúster TIC resolverán as dudas dos asistentes. Ademais, analizaranse supostos prácticos e detallaranse as aprendizaxes recollidas trala primeira convocatoria.

Este taller está dirixido a todos os profesionais de empresas do sector TIC interesados en propor proxectos aos seus clientes conapoio público. Tamén resulta de interese para directivos de empresas doutros sectores que vaian abordar proxectos de dixitalización no curto prazo.
A inscrición no evento realizarase de forma telemática no correo info@clusterticgalicia.com