Novas

02-11-2017

Almorzo de traballo sobre os plans públicos de emprego e promoción laboral en Galicia

A actividade contará coa presenza da Secretaria Xeral de Emprego da CEEI - Xunta de Galicia, Covadonga Toca, que exporá ante os asistentes accións relacionadas coa formación, a adaptación de perfís profesionais e as axudas á incorporación laboral.

A participación empresarial será de gran importancia xa que, durante o almorzo, os asistentes terán ocasión de expoñer a súa opinión ou aportar as súas ideas sobre as liñas de apoio necesarias en materia de emprego que se adapten ao sector TIC. A sesión será interactiva e non se centrará exclusivamente na exposición de información.

A quen vai dirixido?
Todos os membros do Cluster TIC e o sector TIC galego en xeral, incluíndo emprendedores. Dadas as temáticas a tratar, está especialmente dirixido aos responsables de RR. HH. das entidades.

Programa
- 9.00h Recepción de asistentes acompañado de café de cortesía
Espazo habilitado na sala na que todos os asistentes poderán compartir conversa de xeito distendido; actividade de networking empresarial
- 9.40h Apertura da xornada
Antonio Rodríguez Del Corral, Presidente Cluster TIC Galicia
- 9.45h Construíndo Galicia: Iniciativas galegas para o Emprego
Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego, CEEI - Xunta de Galicia
- 11.15h Brunch de networking
Café, pastas e aperitivos lixeiros para conversar entre os asistentes

Onde e cando?
Luns 6 de novembro a partir das 9h
Sala Eisenman, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

Preciso confirmar asistencia!
Correo: info@clusterticgalicia.com
Teléfono: 881 939 651