Novas

16-10-2017 A axencia ten previsto pechar o ano superando os 5 millóns de facturación

Redegal aumenta a súa facturación un 44% e reforza a súa presenza en Galicia

Redegal, a axencia de desenvolvemento web e marketing online ourensá, pechou o primeiro semestre de 2017 medrando en facturación un 44% sobre o mesmo período do ano anterior. Acompañía pechaba o 2016 cunha facturación de 2,5 millóns de euros en España e 3,4 millóns a nivel global, o que supoñía un crecemento do 26% respecto ao 2015. O Ebitda de 2016 melloraba un 40% sobre o resultado da empresa do exercicio de 2015, debido ao incremento en facturación, a reestruturación de custes da empresa e a rentabilización das inversións executadas en anos anteriores, necesarias para medrar ao ritmo dos obxectivos marcados polos socios do grupo.

Durante este ano, a axencia incorporou novos partners nos sectores de moda, sanidade e telecomunicacións do Ibex 35. Coa ampliación da súa carteira de clientes, afiánzase así como a primeira axencia dixital e ecommerce especializada no sector retail. O desenvolvemento de aplicacións móbiles para IOS/Android á a liña de negocio que máis crecemento está experimentando. Dentro do mercado internacional, Redegal consolidouse entre as 10 primeiras axencias de México no seu sector e prevese que un 10% da facturación proceda de EEUU, onde Redegal vive o seu primeiro ano de vida, cando a previsión inicial era dun 5% no escenario máis optimista.

En palabras de Jorge Vázquez, CEO de Redegal: “o crecemento que experimentou a compañía foi moi satisfactorio, tendo en conta que se afianzaron en plena recesión económica”. Ademais, “no último ano efectuaronse inversións en empresas estratéxicas para aportar valor ao grupo e por ende aos seus clientes, tanto en México como en España”.

Aposta polo talento local
Ao ritmo que a empresa medra, tamén o fai o seu plantel de traballadores. A cifra de empregados incrementouse nun 25% respecto a 2016 e a maioría en Galicia. Jorge Vázquez, apunta que “estase apostando pola contratación de profesionais con longa traxectoria no sector para reforzar a base da empresa e solidificar o seu crecemento, facendo unidades de negocio sólidas, independentes e á vez colaborativas entre sí”. 

A finais de ano, a axencia abrirá nova sede en Coruña co obxectivo de apostar polo talento local e atender de maneira máis próxima aos actuais clientes estratéxicos da zona. 

Previsións de crecemento para os vindeiros anos.
A previsión da empresa para o peche deste 2017, é facelo cunha facturación de 5 millóns de euros a nivel grupo, o que supón un incremento de casi o 50% sobre o ano anterior. En palabras de Jorge Vázquez, este crecemento deriva da aposta das empresas pola canle online nos seus presupostos dado o bon retorno do mesmo”. Aínda que tamén puntualiza que “esta canle non está na mesma fase de desenvolvemento en tódolos mercados nos que a axencia opera, o que fai que a súa contribución sexa máis enriquecedora ao contar as súas costas con experiencia nas diferentes fases do ciclo dixital, grazas ao amplo e contrastado know how do equipo de Redegal”.

Para 2018, os ourensás sitúan as súas expectativas nun crecemento do 30% na súa facturación sobre o 2017 e a compañía non descarta seguir apostando por outras empresas tecnolóxicas.