Novas

06-11-2015

O Clúster organiza a xornada "Estratexias para WEB & APPS" na que contaremos con 4 expertos de Google

O Clúster TIC Galicia, que conta coa colaboración da Amtega, desenvolverá o 19 de novembro, ás 16:30 horas (Edif. CINC-Cidade da Cultura | Santiago de Compostela) un evento no que teremos a oportunidade de coñecer a expertos de Google AdMob e AdSense; de poñernos en contacto con desenvolvedores e editores; e de asistir á xornada:

"OPTIMIZA CON GOOGLE: ESTRATEXIAS PARA WEB & APPS"

  • Web & Apps: Tendencias no sector Dixital
  • Apps: Optimiza a túa audiencia e a túa monetización
  • Web: Vivir nun mundo multipantalla
  • Sácalle o máximo proveito a túa Web
Inscrición gratuíta

Programa

PONENTES



Ignacio Monereo
Traballa actualmente como "Strategic Account Manager" dentro do equipo de "Partnerships" de Google, ademais é o Team lead de Italia e España. Este equipo especialízase en axudar a grandes editores que monetizan os seus contidos ou dominios mediante a publicidade online e utilizando as distintas ferramentas que Google pon a súa disposición.
Anteriormente a súa etapa en Google, Ignacio, traballou no sector audiovisual así como en diversas multinacionais noutros sectores tales como o sanitario, enerxético ou servizos financeiros.

Marcos Ordenes
Licenciado en Económicas pola UAM e ten un “Máster en Xestión Internacional da empresa”, traballando desde 2009 como desenvolvedor de negocio. Comezou no sector de Enerxías Renovables en Suráfrica para moverse despois ao mundo dixital. Desde 2013 traballa como "Strategic Partner Manager for Apps" en Google. Traballou con máis de 200 desenvolvedores e máis de 1.000 aplicacións móbiles axudándolles a mellorar o seu modelo de negocio, centrándose na experiencia de usuario e a distribución de aplicacións nos app stores a nivel mundial. É especialista en aplicacións de videoxogos.

Juliana Alpendre
Entre Sao Paulo, Londres e Dublín, Juliana Alpendre dedicou os últimos 7 anos da súa carreira ao desenvolvemento de negocios, enfocada en Branded Content e estratexias de monetización. Actualmente en Google, Juliana traballa cos Top desenvolvedores de Apps & videoxogos en España, Francia e UK, asistíndoos a optimizar a súa monetización.



Brigitte Seoane
Nacida en Hannover (Alemaña), Brigitte está licenciada en Publicidade e RR.PP. pola Universidade Autónoma de Barcelona. Estivo ligada ao sector dixital e publicitario desde 2010, con experiencia na expansión internacional de empresas do sector de internet. Actualmente traballa en Google no equipo de Online Partnerships. Especializada en Adsense e Admob, traballa con editores e desenvolvedores internacionais. Os seus proxectos céntranse na mellora de ferramentas para a optimización de produto e eficiencia de procesos.

En medios:

Código Cero | O Clúster TIC trae á nosa terra catro expertos en estratexias Web de Google
briefing galego | Jornada sobre estrategias para web y apps en Santiago